O Bm. Camariñas segue aspirando a todo e o Xiria supera o derbi co OAR
Doble vitoria para os conxuntos da zona esta fin de semana. O Bm. Camariñas suuperaba a un dos abaixo ante uns 150 espectadores no Areal, e segue aspirando a todo nesta Fase polo Título. Os conserveiros mantéñense 4º a 6 puntos do líder.
Mentres, o Calvo Xiria segue nunha liña positiva tras unha cómoda vitoria no derbi provincial ante o OAR Coruña e ante, nada menos que 450 afeccionados. Os carballeses transitan pola parte tibia da táboa agardando obter o maior número de puntos posibles e escalar postos na clasificación final.
1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 10
- Resultado: Balonmán Camariñas - Poio Artai de Pontevedra (28-26).
- Parciais: 1-1, 5-2, 8-3, 10-5, 12-9, 15-13, (descanso) 17-16, 19-18, 22-22, 26-24, 26-24, 28-26.
- BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex. Fari (1), Marcos Bao, Borja (2), Catalán (7), José Ramón(2), Jacob(1), Perón (6), Damián (2), Antelo(1), Fran (5), Carlos Pereiro.
Un partido feo, aburrido con dous equipos que xogaron mal. Destacar os porteiros de ambos equipos, ao pivote visitante Otero, e ao local Catalán que fixo un gran partido en todas as posicións nas que xogou ao longo do partido. O bo deste encontro foron os dous puntos que se quedaron en casa e que permiten seguir aspirando a todo nesta fase de loita polo título.
1ª Estatal, xornada 21
- Resultado: CALVO XIRIA - CONSLAR OAR CORUÑA (24-19).
- Parciais: 2-0, 4-3, 6-5, 8-6, 10-9, 11-11 (descanso); 13-13, 14-14, 16-14, 17-14, 20-17, 24-19.
- CALVO XIRIA (11+13): Kike [p], Ramón (4), Jesús (5), Chimpo (2), Dubra (4), Manuel, Brais -sete inicial- Iago [p], Jorge, Pablo (7), Sergio (1), Martín, Calvete, Mario.
- 1ª Estatal: R.G.C. COVADONGA - CALVO XIRIA: 23/03/2013 ás 18:00 no P. BRAULIO GARCIA (RGC COVAD.)
- 1ª Autonómica: RASOEIRO BM. - BM CAMARIÑAS: 24/03/2013.
- Xiria e Conservas suman e suben enteiros.
- O Balonmán Xallas alegra unha mala semana para Xiria e Camariñas.
- Mala xornada para Bm. Camariñas e Xiria.
- O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título.
- O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición.
- O Bm. Camariñas vence pero non convence.
- O Bm. Camariñas empeza con mal pé a Liga polo Título.
- O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo.
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.
Partían coma favoritos os bergantiñáns, que acabaron cumprindo co seu papel. Pero non foi doado xa que houbo partido moitos minutos, case cincuenta, o que tardaron os carballeses en impor o seu ritmo de ataque e defensa.
Os primeiros trinta minutos foron de igualdade máxima, co conxunto herculino impoñendo un ritmo lento, con ataques longuísimos nos que buscaba o xogo cos dos pivotes que dispuxo no terreo de xogo. O Calvo caeu no erro de xogar pausado, tanto como a proposta coruñesa. A pouca velocidade na circulación do balón traduciuse na obriga de lanzar sen vantaxes e deste xeito os goles subían ao marcador coma contagotas. So o traballo na defensa e as paradas de Kike igualaban a contenda. O empata a 11 co que se chegou ao tempo de lecer era un fiel reflexo do acontecido no terreo de xogo.
O paso pola caseta pareceu cambiar a dinámica do encontro, catro ataques convertéronse en dous goles por equipo. Pero foi un espellismo. En dezasete minutos o parcial de 4-1 devolveu aos numerosos seareiros presentes na grada á realidade. Mais foi suficiente para “romper” o encontro a prol dos carballeses, porque nun partido coma o de hoxe conseguir tres goles de diferenza semella case que definitivo. Neses momentos a defensa local e Iago na portería resultaron ser demasiada conxunción para o Conslar que foi incapaz de igualar o nivel anotador do Calvo.
Nos dez minutos finais o OAR viuse obrigado a xogar máis rápido e aí amosouse superior o cadro carballés que pechou o encontro cunha vitoria por cinco goles.
Destacado traballo de Ramón que tanto en ataque coma en defensa foi nun xogador determinante para que os dous puntos quedaran na casa.