Xiria e Conservas suman e suben enteiros
Unha vitoria nunha cancha complicada, a do Bm. Camariñas que os mantén con opcións de clasificación para o ascenso á 1ª Estatal.
Mentres o Bm. Xiria sorprendeu a un Cisne en alza e se fixo cunha importante vitoria liderada por Brais, Kike e Pablo.
1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 9
- Resultado: Club. Balonmán Ribeiro Viña Costeira - Balonmán Camariñas (27-29)
- Parciais: 2-2, 3-4, 4-7, 7-8, 8-11, 10-13, 14-18, 19-22, 22-24, 24-24, 25-26, 27-29.
- Bm. Camariñas: Víctor e Alex. Fari (6), Marcos Bao, Quin, Borja (7), Catalán (6), Jacob, Xabi (3), Perón (3), Damián (1), Antelo, Fran (3)
Partido moi duro, con moitas exclusiones onde destacaron o extremo Fari, o lateral Borja e o Central Catalán por parte do Camariñas. Polo Viña Costeira destacou sobre todos os demais Celso que marcou 10 goles, ademais de levar a dirección do partido.
1ª Estatal, xornada 20
- Resultado: CISNE BM. - CALVO XIRIA (26-34).
- Calvo Xiria 34 (18+16): Kike [p], Ramón (2), Jesús (6), Chimpo (4), Brais, Manuel (6), Dubra (4) -equipo inicial- Jorge, Pablo (10, 2 dende os 7 metros), Brais, Mario, Gonzalo (1), Martín (1), Calvete.
- Parciais: 2-5, 2-5, 4-8, 7-11, 8-14, 9-18 (descanso); 13-21, 16-24, 18-27, 20-29, 23-30, 26-34.
Tocaba xogar desta volta ante un equipo en clara liña ascendente, o Cisne Bm. Con tres vitorias consecutivas atopábase moi preto na táboa clasificatoria, tan preto que so dous puntos separaban aos rivais que se enfrontaron no CGTD na tarde de hoxe. A este feito había que engadirlle as baixas cas que contaba o conxunto bergantiñán no día de hoxe, numerosas e notables, de tal xeito que Iago, Naya, Cuco e Sergio non eran da partida. Así as cousas todo presaxiaba un partido moi disputado e con prognóstico incerto.
Mais o Calvo rachou co guión previsto dende o inicio do encontro. Trinta minutos dun altísimo nivel de xogo ao que o seu rival non puido facer fronte traducíronse nun resultado ao descanso de 18 – 9 que deixaba visto para sentenza o partido. Non sería de recibo destacar a un nome por enriba doutro, porque foi o xogo en equipo o que sentenciou ao cadro pontevedrés a unha derrota sen paliativos.
As axudas na faceta defensiva, para desesperación dos xogadores cisneístas, foron unha constante por parte dos carballeses. Tal foi así que os verdibrancos foron quen de provocar dez faltas en ataque ao longo dos sesenta minutos, o que só é unha pequena mostra da actitude que tiveron no campo.
Non foi menos o traballo do ataque, que con moita velocidade de balón e sempre co obxectivo de dar un pase máis para deixar en posición vantaxosa ao compañeiro rompeu unha e outra vez o entramado defensivo pontevedrés. Nos primeiros trinta minutos ata sete xogadores carballeses foron quen de anotar algún gol, deixando de novo ás claras a importancia de xogar coma un equipo a este deporte.
O segundo tempo estivo de máis. O Calvo Xiria deixou pasar os minutos sen facer maior a ferida e o Cisne maquillou o resultado gañando por un gol este parcial.
Vindeira xornada
- 1ª Estatal: CALVO XIRIA - CONSLAR O.A.R. CORUÑA: 16/03/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
- 1ª Autonómica: BM CAMARIÑAS - E.D. POIO-ARTAI: 16/03/2013 ás 19:00 no Pavillón Ponte do Porto.
Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Xallas alegra unha mala semana para Xiria e Camariñas.
- Mala xornada para Bm. Camariñas e Xiria.
- O Bm. Camariñas supera ao líder e pensa no título.
- O Bm. Camariñas segue gañando por inercia e o Xiria retoma con derrota a competición.
- O Bm. Camariñas vence pero non convence.
- O Bm. Camariñas empeza con mal pé a Liga polo Título.
- O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo.
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.