O CDM Piragüismo Dumbría acada un fantástico 7º posto na Copa de España

Jorge Quintáns

Ata cataluña viaxou a expedición do CDM Piragüismo Dumbría para a segunda proba da Copa de España de Slalom, celebrada no Parque Olimpico de La Seu d´Urgell. Unha medalla para Jorge Quitáns e 4 finalistas foron a colleita do equipo dumbriés que acadou a 7ª praza por equipos nesta proba estatal, o que dá conta do nivel no que se atopa.

O bo resultado do CDM Piragüismo Dumbría se cimentou no bo desempeño de tódolos seus deportistas, nos que hai que destacar tres nomes própios: Iago Canosa se confirmou nesta competición coma un dos dez mellores piragüistas de augas bravas de España, competindo sempre en postos de final, e confirmandose coma octavo o final da competición. Lorena Costa, que tras un fallo na xornada do sabado, xa o domingo alcanzou o seu mellor nivel, e rozou os postos de podium, e Jorge Quintáns, que se confirma como a gran esperanza do Slalom galego, volvendo a subir ó podium despois de xa ter subido ó podium en Mondariz na primeira proba da Copa de España, e logrando colarse tamén na final cos mellores canoistas da categoría cadete.

Pola súa banda, o resto da representación dumbriesa rodou a moi bo nivel, con Marcos Sanchez e Marco Oreiro rozando os postos de final, e con Brais Castro, Francisco Romar e Miguel Castro pagnando a súa inexperiencia nunha canle artificial, pero todos competindo moi dignamente, e aportandolle ó clube uns puntos importantísimos para a clasifiación final por equipos.

Iago Canosa
Marcos Sánchez
Brais Castro
Lorena Costa
Miguel Castro

Vindeira proba

Agora o vindeiro obxetivo dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría e clasificarse para os selectivos para formar parte do Equipo Nacional de Slalom, dos que a primeira fáse terá lugar dentro dun mes de novo na canle artificial de La Seu d´Urgell, e para preparalos en condicións Lorena Costa, Jorge Quintáns e Iago Canosa participarán durante a semana santa na Segre Cup, unha competición internacional que se celebra durante a Semana Santa nas canles de La Seu e Ponts.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).