O Duatlón de Reis de Vimianzo agota as súas prazas en 48 horas

Espectacular como se están poñendo os deportes de resistencia na zona. En pouco máis de 48 horas cubríronse cubríronse as 200 prazas ofertadas para o VII Duatlón de Reis que organiza o Concello de Vimianzo.

Entre os inscritos destacan varios nomes importantes non mundo do duatlón cros en Galicia. Están confirmados o campión galego desta modalidade, Darío Manuel Otero Pampín (que o ano pasado acadou a segunda posición en Vimianzo); o subcampión galego, David Calzas Ínsua, veciño de Vimianzo; o campión galego en categoría Veterán 2, Manuel González Ojea; o 4º clasificado en categoría Veterán 1, Agostiño Abeijón Gomes; e o 5º absoluto, Alberto Candal Viqueira.

En categoría feminina destaca a presenza da campioa galega de triatlón cros no ano 2014, Priscila Suárez Méndez, que tamén é a actual campioa da proba vimiancesa.

Outras figuras destacadas do mundo do atletismo tamén confirmaron a súa asistencia: Cristian Muíño e Michel Antelo, actuais campión e subcampión do Circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte; e Rubén Caamaño Nieto, actual campión galego de 10 km en ruta na proba celebrada no mes de setembro en Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).