Luns. 06.05.2024
El tiempo

O mal tempo non impediu que o Duatlón de Reis de Vimianzo fose un éxito

O mal tempo non impediu que o Duatlón de Reis de Vimianzo fose un éxito
Foi dura a Duatlón de Reis en Vimianzo E así o corrobora o mero feito de que fosen 110 atletas os que chegaban na mañá do domingo ao lugar de Castromil, dispostos a desafiar a chuvia e o vento que ameazaban con acompañar os participantes durante todo o desenvolvemento do Duatlón de Reis. Lonxe de ser un impedimento, as inclemencias meteorolóxicas están a conerterse nun atractivo máis desta proba deportiva. Desde as 10 da mañá os veciños e veciñas de Castromil vían como baixo a chuvia os atletas realizaban o quencemento dispostos a percorrer os 30 Km. Saida do Duatlon de Reis de Vimianzo Arredor das 11.30 o Alcalde daba o pistoletazo de saída á carreira que comezaba cun percorrido de 5,4 Km correndo. En menos de 20 minutos pasaba pola meta o dorsal número 27, Damián Ramos, seguido de preto por outros atletas entre os que se atopaban os vimianceses David Calzas e Luis Miguel Antelo, que cruzaron por primeria vez a liña de meta en quinto e sexto posto. Viñan a continuación 21 Km. en bicicleta para rematar novamente correndo 3,6 km antes de rematar a proba. Pasaban 3 minutos da unha do mediodía cando Damián Ramos Sánchez, de Culleredo, cruzaba a liña de meta, facendo o percorrido en menos de 1hora 25 minutos, seguido moi de preto por Fernando Abad Roca de Sigüeiro. o terceiro posto foi para o atleta de Arteixo Pedro Antonio Esmorís Molina, que cruzaba a liña de meta cinco minutos despois do gañador. O vimiancés David Calzas Ínsua quedou a un minuto de subir ao podio, quedando cuarto clasificado, un máis que destacado posto, se temos en conta ademais que sufriu un pinchazo nunha roda da bicicleta no transcurso da proba, o quie non lle impediu lograr a remontada. Unha hora e 50 minutos tardaría a primeira clasificada na categoría feminina en realizar a proba, Teresa Barreira Salgado, de Fene. A representación vimiancesa no podio chegaría da man de Victoria Fernández, segunda clasificada, e pecharía o podio feminino Susana Rial Santos, d´O Pino. Pouco despois das dúas da tarde remataba o Duatlon e comezaba a entraga de premios da man do Alcalde. Duatlon de Reis en Vimianzo

Clasificación

  • Categoría masculina: - 3º clasificado: Pedro Antonio Esmorís Molina, de Arteixo (AD Jarnachas) - 2º clasificado: Fernando Abad Roca, de Sigüeiro (Triatlón Arcade Inforhouse) - 1º clasificado: Damián Ramos Sánchez, de Culleredo.
  • Categoría feminina: - 3ª clasificada: Susana Rial Santos, d´O Pino (Club Atletismo de Boimorto) - 2ª clasificada: Vicki Fernández García, de Vimianzo - 1ª clasificada: Teresa Barreira Salgado, de Fene (Pinarium)
Duatlon de Reis Vimianzo-Viki Familia de Proteccion Civil no Duatlon de Reis

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios