Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa

Dous vimianceses no podio da San Silvestre de Camariñas e outra na Pedestre carballesa
Michel Antelo e Viki Fernandez na San Silvestre de Camarinas

Estreouse o Balonmán Camariñas en materia atlética, e o fixo cunha fermosa San Silvestre. Un tipo de proba que ademais terá hoxe, 31 de decembro, outra cita importante, coa San Silvestre de Baio, que ademais terá o seu toque de humor. E en Baio, seguramente estarán os vimianceses Míchel Antelo e Vicky Fernández, que ocuparon o 3º posto na 1º San Silvestre do Bm. Camariñas.
Unha San Silvestre na que participaron máis de 150 persoas, e que en categoría absoluta vencían o nicrariense Luís Calvo en categoría absoluta masculina, e a da Estrada Isabel Sáez, quedando por diante de Marcos Rosende e Laura Rosende, ambos tamén da Estrada.

Viki Fernandez a mais alta no podio da San Silvestre de Camarinas Michel Antelo a dereita na San Silvestre de Camarinas

Pedestre Carballesa

Carreira Pedestre de Carballo-Foto-Contraminate

Esta fin de semana tamén houbo proba en Carballo, neste caso a Carreira Pedestre do Anllóns, organizada polo clube Os Muditos. A participación rozaba o medio millar de atletas. E tamén Vimianzo tivo o seu espazo no podio, coa vitoria de Teresa Castro na proba feminina.
En categoría masculina o coruñés Nicolás Domímguez gañaba e o carballés Andrés Eirís fixo un terceiro posto.

Os que estiveron presentes, sempre en loita, foron os membros da Plataforma Contramínate, que seguen berrando contra o proxecto mineiro de Corcoesto.

Contraminate estivo na Pedestre Carballesa

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios