O dumbriés Marco López afianza o seu liderato no ciclocross galego

Despois de consolidara proba dumbriesa no calendario do Ciclocross Galego, o Club Ciclista Dumbría chegaba a Boiro na xornada de sábado con tres corredores.

Arrincaba a carreia de infantís ás 10:00h, na que saía Marco López. Saía disposto a todo e xa fixo ver que non deixaría as cousas fáciles aos demais pois foi 2º durante toda a carreira. Chegaría á última volta e no sprint de meta Marco non quedaría atrás e usaría todas as forzas que lle quedaban para así impoñerse sobre a liá de meta e alzarse asi coa sua segunda vctoria consecutiva no circuito. Cabe destacar que nesa categoría saían 16 corredores e esta era só a segunda carreira desta modalidade de Marco. Con esta vitoria deixa claro que está nun momento pletórico. Vale dicir que chegaba nun momento perfecto e moi motivado pois tan só fai unha semana conseguía a sua primeira vitoria e na sua casa, en Dumbría impoñendose con autoridade ao seu perseguidor.

Pola súa parte, os outros dous representantes do club dumbriés, Triki e Jose Romero, repetían os postos da semana pasada con un 6º e un 12º nas súas respectivas categorías.

Novas relacionadas

Fonte

  • Esteban Quintáns.