O Real Madrid C estará no Trofeo Manolo Martín

O Trofeo Manolo Martín cumpre vinteoito edicións e este ano contarán co Real Madrid C para disputalo. A cita será o vindeiro sábado, 13 de agosto, no Campo de Sampaio de Refoxos de Cee, dende as 18:00h. Deste xeito, enfrontaranse a Selección da Costa fronte aos madridistas. O trofeo xa está a dispor de quen desexe velo no Museo Fernando Blanco de Cee. Poderase contemplar ata o sábado. Dito trofeo presentarase este venres dende as 18:00h, no Museo Fernando Blanco.

Novas relacionadas

Fonte

  • Informacións e fotografía achegadas por Adrián Leira López.