Os Veteranos da Costa comezan a organizarse
15:48 10/08/11
O vindeiro venres, 12 de agosto, celebrarase a Asemblea Xeral de Delegados da Asociación de Veteranos da Costa. Dita xuntanza servirá para aprobar as novas altas nos diversos equipos, e tamén para poñer as bases da competición para a vindeira campaña. A reunión desenvolverase dende as 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana de Bergantiños.
Na orde do día figuran a presentación de novas solicitudes de equipos entrantes para a nova tempada, a presentación do calendario para a vindeira campaña e o estudo de datas para o comezo da Liga e a Copa, ou os sorteos da primeira xornada da Liga.
Pousarase sobre a mesa unha proposta para o comezo da competición. Dita proposta contempla un inicio da Liga na Primeira con 15 equipos, polo que desputaríanse 30 xornadas, entre as datas do 4 de setembro e o 22 de abril. Habería parón no Nadal e en Semana Santa.
A proposta tamén contempla un calendario para a Segunda, con 14 equipos, polo que xogaríanse 26 xornadas, e co desenvolvemento da competición entre o 18 de setembro e o 1 de abril.
Por outra banda, tamén presentaranse as contas da pasada campaña e instarase a que todos os equipos estean ao día no que se refiere aos pagos, antes do comezo da Liga.
Será obrigada a presenza de polo menos un Delegado por equipo, e no caso de que non sexa posible a asistencia, haberá que notificalo á Asemblea por escrito.
Os blogs de Veteranos
- A bitácora da semana (CIII): O blog dos Veteranos de Corcubión.
- A bitácora da semana (LXXI): O blog do C.D. Nantón.
- A bitácora da semana (IXL): O blog dos veteranos do Malpica.
- A bitácora da semana (X): O blog dos Veteranos de Cabana.
- A bitácora da semana (XLIX): Os blogs do veteráns (Camariñas, Ponteceso e o Comité).
Novas de Veteranos
- 08-06-11: Os Veteranos celebraron a súa festa e o Bergantiños segue doblete a doblete.
- 27-03-11: O Bergantiños campión da Liga de Veteranos.
- 23-02-11: Derradeira e intensa xornada para os Veteranos da Costa que tamén deciden o devir da Copa.
Fonte
- Información de Modesto Parga, membro do Comité de Fútbol de Veteranos da Costa.