Jorge Rodríguez seguirá adestrando ao Viaxes Amarelle
12:06 10/08/11
Tamén no eido do fútbol sala estanse a ultimar detalles de cara á vindeira campaña 2011 – 2012. Hoxe temos que falar do Viaxes Amarelle, que contará de novo con Jorge Rodríguez como técnico, logo de que o pasado ano, quedaran ás portas do ascenso á Primeira División Nacional do Fútbol Sala Feminino.
O Amarelle tentará a vindeira campaña mellorar a súa posición. Rodríguez contará coa colaboración de Manuel del Castillo como director deportivo. O conxunto xalleiro quedará encadrado dentro do Grupo I da categoría, de xeito que se enfrontará a dous equipos galegos, dous cántabros, tres éuscaros, un navarro, tres rioxanos e un insular.
Jorge Rodríguez repita nun conxunto que aposta pola continuidade das súas xogadoras. Comezarán a actividade o vindeiro 22 de agosto para preparar a competición regular, que dará comezo o 1 de outubro. Na pretempada, participarán na Copa Xunta e no III Torneo Internacional Terras de Vermoim, en Portugal.
Novas relacionadas
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
- Os equipos da Costa pechan a Liga Provincial con bo sabor de boca.
- Os equipos de fútbol sala feminino da Costa continúan a recta final.
- Os vimianceses do Dist. Barral álzanse coa Liga de FS de Cee.
- A final entre Casadas e Solteiras si que tivo tirón en Vimianzo.
- A Selección da Costa de FS feminino enfrontaranse ao Orzán no I Trofeo Fisober.
Fonte
- Redacción de deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).