Os amantes da bicicleta de montaña xa pensan na III Volta Terra Neria

Sen tempo aínda para dixerir o acontecido na Vuelta, e aínda pendentes da tele, xa poñemos a cabeza nas dúas rodas outra vez para prepararnos para a proba que cada ano artella o Club Ciclista Cee. A III Volta MTB “Terra Neria” vaise celebrar o domingo 29 de setembro de 2013.

O percorrido será duns 45 kms de dificultade media-alta. A saída terá lugar ás 9.00h do Pavillón Polideportivo de Cee, e os participantes contarán con avituallamento sólido e líquido, asistencia sanitaria e mecánica, furgón-vasoira e quads de asistencia, duchas, lavado de bicicletas, comida ao remate e recordo de participación.

Máis información e inscricións

As inscricións realizaranse na páxina web www.emesports.es. A participación está limitada a 200 participantes. O importe da inscrición é de 8€ para os federados e de 8€+12€ (licenza dun día) para os non federados, e as inscricións pecharanse o próximo 25 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Club Ciclista Cee.