Venres. 19.04.2024
El tiempo

As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria

As bicis de montaña tomaron os montes da Terra Neria

A éspera de coñecer como se pode subir ao Monte Pindo en bici de trial, hoxe quedamos polos montes das terras de Nemancos montado nas clásicas mountain bikes. I é que foi impresionante o éxito, en todos os sentidos, da I Volta MTB Terra Neria 2011. Máis de 200 participantes completaron o pasado domingo 2 de outubro unha fermosa ruta polos montes da comarca de Fisterra, facendo de novo da Costa da Morte o centro aventureiro do país.

A saída realizouse ás 9.30h da vila ceense, dende onde os organizadores e colaboradores deron o pistoletazo de saída. 43 quilómetros por pistas forestais e algún que outro camiño asfaltado polos montes de Cee, Muxía e Fisterra. O pico máis alto foi San Pedro Mártir, con 312 metros, e unha das zonas máis fermosas foi o treito que transcorreu polo Camiño entre Muxía e Fisterra.

Resultados

  • O novo Club Ciclista Dumbría o levou o premio ao Clube Máis Numeroso.
  • Fernando de Castro Rodríguez elvou o Trofeo ao participante máis lonxano.
  • >Lucas Riveiro Carballo foi o participante máis novo e José Antonio Lado Lestón o máis lonxevo
  • Isabel Sendón Villaverde (dorsal nº 37) foi a campiona en categoría feminina.
  • Manuel Garea Vázquez (dorsal nº 134) foi o campión en categoría masculina.

Entrega de premios

Ao rematar a proba a organización ofreceu unha comida para todos os participantes, ademais do regalo dunha camiseta.

A organización, a cargo do Concello de Cee e o Club Ciclista de Cee, quere agradecer a todos os voluntarios, colaboradores e patrocinadores a súa axuda. Especialmente a Protección Civil de Cee, Fisterra, Camariñas e Muxía, GRUMIR de Cee, Policia Local de Cee, Ambulancias SAGUR, Garda Civil de Tráfico Corcubión fundamentales no desenvolvemento da proba.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Clube Ciclista Cee e do Departamento de Deportes do Concello de Cee.
  • Fotos da carreira de Juan Louro (ezaroenfotos.blogspot.com e da entrega de premios de Manuel Calo.

Comentarios