200 deportistas convertiron Muxía no centro do Triatlón galego


Máis de 200 deportistas participaron este pasado sábado no I Triatlón Popuar de Muxía. Foi a segunda proba do ano a dúas rodas, tralo éxito da Quedada BTT, o que refrenda a aposta muxiá polo deporte.
Desta volta, foron 750 m de natación, 20 km en bicicleta e 5 km de carreira a pé para os participantes na proba absoluta que forma parte do circuito da Federación Galega de Tríatlon (www.fegatri.org).
A vila encheuse de deporte. Apenas se podía entrar nin saír pois o circuito chegaba de punta a punta para seguir facendo de Muxía un epicentro deportibo.
Finalmente foron Marta Barbeito (A.D. Fogar) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) os gañadores da proba, tras máis dunha dura hora de competición. Pedro Esmorís (Muralla de Lugo) e Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo) coparon o podio en homes e Carla Castaño e Tatiana Domínguez (Motobike) en mulleres.
Precisamente a nova Carla Castañoi foi a vencedora en categoría cadete, xunto con Víctor Souto (A.D. Fogar). Belén Piña (A.D. Fogar) e Alejandro González (Wild Wolf Cidade de Lugo) fixeron o propio en xunior, Fernando Míguez (A.D. Fogar) en sub-23 e Belén Martínez (RoqSport.com-San Roque) e Andrés López (Monteabaixo) en Veteranos.

Máis información
Novas relacionadas
- Corcubión prepara a súa I Ruta Cicloturista.
- Nin o tempo puido cos amantes da BTT na Quedada de Muxía que pensan na cita do Xallas.
- Menudo verán que espera en Muxía .
- Presentada a Etapa máis bonita que a Vuelta fixo nunca.
- O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).