Os infantís do Manuela Rial xa son Campións Galegos de volei

Non cabe dúbida, somos unha potencia deportiva. E o volei costeiro o segue a demostrar. Se hai apenas dúas semanas celebrábamos o bronce do cadro cadete do Volei Dumbría nos campionato galegos, hoxe subimos un par de peldaños no podio. E o facemos para subir ao máis alto e celebrar que o equipo infantil de voleibol do Manuela Rial acadou o Campionato Galego de Voleibol Infantil. Un campionato merecido tras rematar a liga regular sen coñecer a derrota.

E o fixo na casa ademais, pois o campionato foi celebrado en Dumbría, pois o cadro local solicitou acoller o mesmo ante a boa tempada realizada. Os de Gurutz Larrañaga e Luís Alberto Fdez. vencían na final ao Emeve de Lugo e se proclamaban flamantes campións galegos.

Un complicado campionato

Foi un campionato completo para os nosos. Pola mañá, na primeira semifinal o Emeve de Lugo a Calasancias por un claro 3-0.
Na outra semifinal enfrontábanse o Teis de Vigo e o Manuela Rial, con vitoria clara dos ceenses por 3-0 con parciais de 25-7, 25-12, 25-20. A superioridade foi tal que o adestrador local aproveitou para dar oportunidades os menos habituais.

Pola tarde, despois da disputa do 3º e 4º posto que venceu Calasancias, nun pavillón con moito e ruidoso público, disputouse a gran final entre Emeve e Manuela Rial. No primeiro set predominaron os nervos e os erros polos dous bandos, pero a partir da igualdade a 15 cun saque certeiro o equipo ceense aproveitou para coller ventaxa e ganar o set.
A partir desta vitoria no primeiro set xogaron moito máis tranquilos e confirmaron a superioridade amosada na liga regular ó non perder ningún partido e gañaron os dous seguintes sets por 25-12 e proclamáronse campións galegos.

Destacar a boa organización do Campionato a cargo do Concello de Dumbría que permitiu que todo saira perfecto e o bo entendemento entre o Colexio Manuela Rial e o Concello de Dumbría que fai posible a practica dun deporte minoritario na Costa da Morte con tan bos resultados.

Campionato de España en Guadalaxara

O equipo formado por David Redonda, Manuel Marcote, Xavier Pérez, Manoliño Abuelo, Chema Bermúdez, José Miguel Caamaño, Maikel Cambeiro, Samuel Sambade, Juan Bautista Marcote, Alberto Sampedro e Unai Larrañaga e adestrados por Luis Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga afronta agora o Campionato de España que se celebrará do 20 ó 24 de xuño en Guadalaxara.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga.