Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis éxitos provinciais e estatais para o volei costeiro

Máis éxitos provinciais e estatais para o volei costeiro

Nova semana para enmarcar do volei costeiro. Por unha un par de xogadores do cadro infantil participaban no Campionato de España coa Selección Galega colleitando un gran 4º posto. Entrementes, aquí, 3 equipos do Manuela Rial se metían nas finais provincias.

Dous costeiros 4º no Campionato de España

Rematou a participación dos xogadores do Manuela Rial Manuel Marcote e David Redonda coa Selección Galega Infantil de voleibol cun 4º posto que se pode considerar coma exitoso. Os nosos xogadores foron titulares en todos os encontros que disputaron e tuveron unha importante aportación no posto acadado.
Despois de acabar en 2º posición na 1º fase en oitavos venceron a Cataluña 3-0, perderon en semifinais ante Valencia e disputaron ante Madrid o 3º e 4º posto onde despois de ir claramente por diante non superon rematar a situación e acabaron perdendo.

Nova demostración do potencial do noso volei, pois en categoría cadete tamén temos un par de habituas coa camisola nacional.

O Manuela Rial nas finais provincias de volei

Tres equipos do Manuela Rial (o alevín masculino, o alevín femenino e o benxamín) disputan este saábado o Campionato Provincial de volei en A Coruña no pavillón do Liceo.
Os alevíns xogan ás 11:00 h as semifinais ante Texeiro e de gañar xogarán a final pola tarde. As alevíns xogarán as semifinais ante Calasancias e as finais pola tarde en caso de vitoria. Pola súa banda os benxamíns xogaran unha fase previa contra Texeiro e Calasancias e o primeiro clasificado xogará a final pola tarde. Esperemos que poidan conseguir algunha medalla.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría e do Manuela Rial da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios