3 novos costeiros coas Seleccións Galegas

O Fútbol Sala e o Volei seguen a darnos moitas alegrías ao deporte da Costa da Morte. Moitas máis que o fútbol. Hoxe coñecemos 3 novos seleccionados para as Seleccións Galegas de ambos deportes, que volven demostrar que somos unha potencia.
Patri Romaní á Selección Galega de Fútbol Sala

A xogadora do Fisober Patricia Romaní Vilela “Patri” está citada para adestrar este xoves 12 de abril ás 20:45h ca Selección Galega de fútbol sala no Pavillón Municipal de Roxos (Santiago).
Patri, de 20 anos de idade e natural de Muxía, foi peza clave na consecución do título de Liga Autonómica 2011-12 para o Fisober anotando 30 goles en 24 xornadas (faltan 2 xornadas para o remate da Liga). A xogadora muxiana caracterizase por una depurada técnica individual e gran visión de xogo.
O Volei Dumbría unha potencia

Xa nos nos teñen acostumados dende Dumbría e Cee a convocatorias coas Seleccións, pero non deixa de ser unha alegría ver que os nosos xogadores se colocan entre os mellores de Galicia.
Pois a Selección Galega, adestrada por Manuel Codeso (Adestrador do Cidade das Burgas de División de Honra), está a preparar o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas que se disputara en Valladolid.
Entre os convocados están os xogadores do Volei Dumbría Manuel Marcote e David Redonda, que disputan esta semana do 10 o 14 abril o campionato de España Infantil de Seleccións Autonómicas en Cataluña coa Selección Galega de voleibol. Nesta primeira fase enfréntanse hoxe a Andalucía e Extremadura martes e mañá con Baleares.
Taekwondo
Ademais, e segundo nos apunta Washintong Calvo dende Malpica, o 21 e 22 deste mes dispútanse os campionatos infantías de España de Kárate en Alcobendas. Na Selección Galega van dúas rapazas que representan ao Club Karate-Do de Carballo: Enma Núñez e Elvira Vila. A primeira delas quedou campiona galega tanto o ano pasado (alevín) como este ano (infantil).
Novas relacionadas
- Unha Semana Santa de Torneos en Cee e Vimianzo.
- O Fisober fai historia.
- O Manuela Rial arrasa nos campionatos intercomarcais de volei.
- 3 xogadores do Manuela Rial e un do Volei Dumbría celebran os Reis coa Selección Galega.
Máis novas
- Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- Repaso da Semana Santa futboleira.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).