Pequenos regatistas de toda Galicia aprenden a competir en Corcubión
Esta pasada fin de semana a ría de Corcubión acollía a XV Concentración de Escolas de Vela Club Marítimo Carrumeiro. Unha regata que ten por obxecto que os máis novos e noveles navegantes se inicen no mundo da competición a vela.
Así, na Regata de Clase Optimist participaron 41 regatistas chegados de Sada, Fisterra e do clube local corcubionés. O sábado, o primeiro dia de regata, as condicións metereologicas acompañaron aos maáis experimentados, pero para os máis novatos o vento do sur un pouco racheado en canto a intensidade, e as olas, complicáronlles o percorrido. Non puideron rematar todos, e dos máis novatos apenas 8 de 40 puideron completar o percorrido.
O domingo amenceu con menos vento e o mar moi tranquilo. Leváronse a cabo 3 probas para que os mozos participantes puidesen descartar a proba do sábado aos que lles foi mal e os que o fixeron ben conservala puntuación. A flota participante levou a cabo as tres probas rapidamente e sen incidentes algún.Ao remate tivo lugar a entrega de medallas e gorras para todos os participantes co gallardete do club levouse acabo nas súas instalacións ás 16:30h acompañado duns pinchos para os participantes. Houbo dúas entregas moi especiais, á mais pequena da flota que finalizou todas as mangas realizadas na regata: Iria Sargatal Quintero, con só 7 anos, e o pequeno Iago López González.
Ademais, a pequena do Club Náutico Recreativo de Sada, Mónica Castro. Ademais, o corcubionés Santiago Torres Garrido, e as sadense Susana Fdez. e Kenya López recibiron medallas na categoría dos pequenos.
Na categoría Optimist Regata, levaron medalla 4 corcubioneses do Carrumeiro: Paula Trinidad, Iosune Muíño Bermúdez de Castro, Tomás Ferreiro Santos e Nicolás Toba Quintero.
En Multiclase gañaron os sadenses André Garcá Gómez e Martín Agoión, así como os locais Álvaro Berenguer García, Héctor Becerra Monteagudo e Carlos Martínez Coronilla.
Novas relacionadas
- O Carrumeiro estivo en Ferrol cos seus pequenos regatistas.
- O Porto Deportivo de Muxía abre polo verán.
- Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Carrumeiro imponse en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).