O Carrumeiro estivo en Ferrol cos seus pequenos regatistas


O equipo de Regatas Clase Optimist do Clube Marítimo Carrumeiro de Corcubión participou a pasada fin de semana na Regata de Ferrol. Aí estiveron os Paula Trinidad Leo, Iosune Muiño Bermúdez de Castro, Tomás Ferreiro Santos, Ignacio Rodríguez Coronilla, Jesús Romero García e Juan Carlos Beiro Ézara.
O obxectivo de asistir a unha regata local é para que o equipo realice un adestramento en situación real e consolide o equipo coas súas novas incorporacións: Jesús e Juan Carlos.
Mentres, o equipo está adestrando duramente tanto para as "Regatas da Liga Costa da Morte 2013" que se celebrarán os vindeiros 27 e 28 e xullo. Pero ademais, os corcubioneses tamén participarán na "XV Concentración de Escolas de Vela" Club Marítimo Carrumeiro para o 3 de agosto ou as probas fisterrá e camariñá da Liga Costa da Morte.
Iso si, o equipo concentrarase todo o cerán para a Regata Clasificatoria Clase Optimist que terá lugar en casa, na ría de Corcubión os días 7 e 8 de setembro.
Todo, mentres o clube Carrumeiro e Cataventos Escola de Vela abren as súas actividades náutivas no porto de Muxía, en quendas de mañá e tarde (de Luns a Venres (iniciación) , e sábados (perfeccionamiento/Regata) para que a promoción este aberta a todos os públicos e as súas necesidades.
Novas relacionadas
- O Porto Deportivo de Muxía abre polo verán.
- Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Carrumeiro imponse en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).