Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Carrumeiro imponse en Corcubión

O Carrumeiro imponse en Corcubión
O Clube Marítimo Carrumeiro acolleu na xornada do pasado sábado, 25 de agosto, a Regata Seno de Corcubión, na que participaron máis de vinte embarcacións do clube da vila de San Marcos e do Clube Náutico de Fisterra. A cita iniciouse ás 11:00h coa chegada dos participantes e as inscripcións. A continuación realizouse unha xuntanza na que participaron todos os regatistas e adestradores. Minutos antes das 15:00h comezou a primeira proba, que se desenvolveu cunhas condicións meteorolóxicas favorables, i é que o vento sopraba do norte, noroeste e incluso con tendencia ao oeste. Resultados Realizáronse tres mangas tanto na clase Optimist como en Multiclase. Na clase Optimist o Carrumeiro impúxose, colleitando os primeiros cinco postos da táboa de clasificación. Iosune Muíño mantívose en cabeza nas tres mangas. O segundo posto foi para Ignacio Rodríguez Coronilla. Óscar Lestón acadou o terceiro posto e a un punto mantívose Nicolás Toba Quintero.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Carrumeiro.

Comentarios