Pinpon tamén por Nadal

Os gañadores do Torneo de Nadal do Anorthosis en Zas co mestre de cerimonias Paco e Martín González

Están tan comprometidos os membros da familia Anorthosis que non puideron celebrar o habitual parón das festas e tiveron que armar o Torneo de Nadal. Así, ademais dos adestramentos nos días posíbles e de participar no torneo social do Liceo de Noia o 28 de decembro, a familia soneirá tamén organizou o seu Torneo Nadal 2015 o pasado sábado 2 de xaneiro durante todo o día.

Pola mañá una competición de dobres e pola tarde individual. Contaron coa participación de case todos os xogadores do Anorthosis, que viñeron de Portomouro, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas; tamén participaron xogadores do Liceo de Noia e que, por motivos persoais, só estiveron pola mañá.

Pero sobre todo contaron coa participación excepcional de Martín González, xogador do Club del Mar de A Coruña en 1ª nacional e que xogou na División de Honra e en clubes como Oroso e Arteal. Pola tarde aproveitaron a súa presenza para que dese unas clases maxistrais que seguro grabaron os asistentes para aplicalas no futuro. Despois o torneo individual e como sempre o mediodía a comida de confraternidade.

Martín González con Laura, unha das promesas do tenis de mesa do Anorthosis

Resultados

En dobres: coa participacion de 12 parellas:

  • 1º – Miguel – Martín.
  • 2º – Pablo Prol – Guillermo.
  • 3º – Gonchu – Marcelino.
  • 4º - Miriam – Brais (trofeo a menores de 15 anos).
  • 5º – David – Ana (2ºs en menores de 15 anos).

En individuais: coa participación de 30 xogadores:

  • 1º - Martín.
  • 2º - Miguel.
  • 3º - Gonchu.
  • 4º - Stevo.
  • 5º - Brais (1º en menores de 15 anos).
  • 6º - Adrián (2º en menores de 15 anos).

Tamén foron premiados: Nico (Vimianzo) como menor de 10 anos e Álvaro (Zas) como afeccionado.

Vindeira cita

  • Sábado 9 de xaneiro no ximnasio do CPI de Zas:
    - Ás 11:00h. ANORTHOSIS VIMIANZO - CTM LALÍN de 3ª nacional masculina.
    - Ás 17:00 h. CONCELLO DE ZAS O PINAR - CLUB DEL MAR de 2ª nacional femenina.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).