Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa

Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa
Familia Anorthosis en Valladolid Familia Anorthosis en Valladolid Segue dando boas novas a familia do Anorthosis. Desta volta, o equipo soneirán celebra que Miriam Domínguez quedou clasificada en 9ª posición, na categoría infantil femenina, no torneo zonal celebrado en Lugo os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro. Esta posición dalle dereito a participar no torneo estatal que se celbrará en Valladolid durante o antroido de 2016. Miriam realizou un bo torneo e, despois de quedar 3ª no seu grupo, foi superada en oitavos pola cántabra Muriel García e logo superou a tamén cántabra Eugenia Boghean e a Sheila Fernández de Asturias para conseguir o posto noveno final.

Mala xornada para o resto da familia

Resultados pobres para o resto dos representantes do Anorthosis pois ningún deles foi capaz de superar a fase previa de grupos. Sábese que a este torneo asisten os mellores de cada rexión pero terán que entrenar con máis implicación para dar a talla nos torneos importantes. En total foron 10 os deportistas desprazados ata Lugo, moitos deles acompañados polas familias e iso dálles ánimo para continuar con forza pois a familia do Anorthosis si está implicada.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios