Martes. 07.05.2024
El tiempo

Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa

Vimianzo, Zas e Mazaricos seguen vibrando co tenis de mesa
Xogadores de Oroso TM Hotel Santa Cruz a colexiada Silvia Alvarez e os xogadores do Anorthosis- Andres Fagin Gonchu e Stevo Xogadores de Oroso TM Hotel Santa Cruz a colexiada Silvia Álvarez e os xogadores do Anorthosis, Andrés Fagín, Gonchu e Stevo

Tiñan esperanzas de acadar polo menos 6 puntos os do Anorthosis Vimianzo no dobre desprazamento desta fin de semana e conseguiron 7, polo que volveron moi satisfeitos pero puido ser mellor a pouco que Stevo e Gonchu estivesen máis acertados o sábado en Lalín.

Ademais, para o equipo do Concello de Mazaricos non foi tan mala a xornada como para os do novo Vimianzo TM e o Concello de Zas Cernadas.

3ª División Nacional, Grupo Centro

  • Resultado: CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo 3-3 (12-11).
  • Resultado: Oroso TM Hotel Sta Cruz - Anorthosis Vimianzo 2-4 (10-13).

Moi bos resultados do primeiro equipo da familia soneirá. Nas terras do Deza estivo moi ben Andrés Fagín gañando os seus partidos aos nº 1 e 2 locais, por otro lado Gonchu cumpliu contra o ex do Anorthosis Marce pero non soubo rematar a faena ante A. Crespo. O que non estivo a súa altura foi Stevo pois xa no primeiro set perdeu 11-1 e logo contra Marce perdeu os tres sets no desempate 12-10, 14-12, 5-11 e 12-10 e que a pouco que espabilase o partido debeu ser para el.

Pero o domingo pola mañá, en Sigüeiro foi outra cousa, todos máis entonados e confiados e iso que enfrente o rival puxo a Uxío Regueiro, unha das promesas do tenis de mesa galego e que a pasada tempada xogou na División de Honor, este loxicamente logrou os dous puntos pero Andrés Fagín fixolle o 1º set e Stevo cedeu no desempate 13-11 para Uxío, e iso di de como estaban de motivados os do Anorthosis. E con esas Gonchu e Andrés ganaronlle a Xandre Iglesias, que non perdera nada esta tempada, e Stevo 3-0 a Martín Vilaboa e no último partido Gonchu a Martín 3-2 e 11-9 no 5º set, emoción non faltou, pero a victoria ou mellor dito os 4 puntos encheron de ledicia aos soneiráns. En resumo, os xogadores do Anorthosis fixeron: Andrés 3 puntos, Gonchu 3 puntos e Stevo 1 punto nunha boa fin de semana.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Arteal Ventanas "B" - Concello de Zas Cernadas 5-1 (16-6).
  • Resultado: Vimianzo TM - Monteporreiro Abanca 1-5 (8-16).
  • Resultado: Concello de Mazaricos - Monteporreiro Abanca 4-2 (13-10).
  • Resultado: Oroso TM Trastes - Concello de Mazaricos 0-6 (3-18).

Normal a derrota do Concello de Zas Cernadas ante un dos equipos que loitará polo ascenso. Os zasences apenas opuxeron resistencia agás Joel Quintáns, que incluso poido facer algo máis pero os nervios e a responsabilidade non lle deixan de momento.

Nerviosos e sen concentración estiveron os novos xogadores do Vimianzo TM ante os de Pontevedra e ao intentar acabar os ppuntos rápido estes foron caendo do lado do rival. Pero é o seu debut na competición e tamén é o tempo de aprender. David Roget, que fixo o punto ante Antonio debeu de facer máis diante de Inés por moi pouco que xogaase calmado. Monteporreiro é dos equipos que loita por ascender neste grupo.

Pola súa parte, despois da súa contundente vitoria ante os de Vimianzo, os do Monteporreiro saíron confiado/as e os de Mazaricos aproveitaron para superalos. Moi ben Álvaro e Javier que con dous puntos cada un conseguiron a vitoria.

Ademais, ante o Oroso, foi un encontro sen hstoria donde os de Mazaricos gañaron todos os partidos aínda que algún con máis dificultade da prevista.

Vindeira xornada

2ª división galega grupo centro Sábado 28 de novembro en Vimianzo nas instalacións da piscina As 16'00 h. Vimianzo TM - Concello de Zas Cernadas As 18'00 h. Vimianzo TM - Concello de Zas Ponciano Nieto 3ª división nacional grupo centro Domingo 29 de novembro no ximnasio do CPI de Zas As 11'00 h. Anorthosis Vimianzo - Liceo Noia "B"

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios