Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis

O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis
O Concello de Mazaricos de tenis de mesa O Concello de Mazaricos de tenis de mesa da familia Anorthosis

Derbi entre os equipos do Anorthosis, no que os de Mazaricos se enfrontaban ao equipo do seu entrenador Miguel Rey e claro cada un tira para o seu. E os xogadores do Ponciano Nieto deronno todo e xogando ben non se deixaron sorprender polos principiantes de Mazaricos, coa excepción de Ana Gercía que xa no último partido foi superado por un excepcional Álvaro Gascó. Despois todos xuntos foron desfrutar e repoñer forzas comendo unhas pizzas e uns refrescos.

2ª División Galega – Grupo centro

  • Resultado: Concello de Mazaricos - Concello de Zas Ponciano Nieto 1-5 (4-16)
  • Resultado: Bodegas Guisseppe Anthony - Vimianzo TM 0-6 (4-18)
  • Resultado: Oroso TM - Concello de Zas Cernadas 1-5 (5-15)

No desprazamento a provincia de Pontevedra superioridade do Vimianzo TM no que debutaron os benxamíns Lucía Roget e Nicolás Paz, e con vitorias, despois xa virán as derrotas. Os demais, Adrián e David Roget superaron sen problemas as tamén benxaminas de Ribadumia. Os encontros fortes para o Vimianzo TM virán máis adiante.

No encontro do domingo pola maña, superioridade tamén dos xogadores do Concello de Zas Cernadas ante os principiantes de Oroso TM, pero bo é que vaian sumando algunha vitoria e puntos para seguir cos ánimos da aprendizaxe. Só cedeu o seu partido Laura Cernadas que parecía non ter despertado. Incluso Joel Quintáns, Raúl López e Eduardo Cernadas se deixaron contaxiar polo xogo dos rapaces de Oroso e perderon algún set que non debían.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios