Preferente: Cerocerismo
Empregamos para o titular un deses palabros inventados polo mundo do fútbol para ilustrar a xornada 30 dos nosos equipos na Preferente. Pero é que os dous partidos remataban con ese resultado.
O sábado, empate cantado en Vimianzo entre dous equipos que se atopan moi cómodos na clasificación e que disputaron un choque moi igualado pero con demasiado respecto.
Mentres, o Xallas de Santa Comba recibía ao Grixoa, e tras un fermoso partido o marcador non se movería a pesar da boa segunda metade dos de Corredoira, que tutearon a todo un líder.
Soneira - Dumbría (0-0)
- SONEIRA: Víctor, Pichi, Mayuyo, Maikel, Fran de Urroa (Óscar, min.78), Míchel (Richi, min.79), Iván Cerilla, Baba, Bibi (Toni Fisterra, min.65), Javi (Mayor, min.65), Adrián.
- DUMBRÍA: Juan, Tantán (Isma, min.90), Rudi, Pablo Conde (Luis, min.76), Pablo Vidal, Aarón López, Aarón Fernández, Piri (Leo, min.76), Iago, Jesús (David, min.87) e Iago Dosil (Dani Casal, min.60).
Partido igualado no Municipal que rematou sen goles. Foi un choque típico de derbi, con moito respecyo. Dúas boas ocasións antes do descanso para o Soneira, por medio de Baba e Adrián Makaay que non acabaron en gol. Os dumbrieses tamén avisaban por medio de Piri, pero a súa media volta foi desviada por un defensa soneirán.
Foron poucas as ocasións no segundo tempo e apenas un tiro de Dani Casal dende fóra que parou Víctor puxo en tela de xuizo un típico marcador de derbi.
Xallas StComba - Grixoa (0-0)
- XSC: Diego, Rubén Forján, Chinda, Martín, Pablo, Oscarín, Doro, Pablo Baña (Alberto, min.65), Orlando (Darío, min.70), Jota, Javi Suárez (Noli, min.70).
- Expulsión: Rubén Forján no min.87 por doble cartón.
Partidazo moi bonito en Fontenla, moi pelexado entre un gran XSC e un Grixoa que chegaba coa vitola de líder. Un choque que tivo un tempo para cada equipo, e que rematou en táboas sen goles a pesar da boa actuación dos xalleiros.
Na primeira o Grixoa tivo máis o balón, apretou e tivo un par de tiros que salvou Diego. Pero Javi Suárez tamén avisaba para os locais.
Na segunda cambiou o conto e o XSC xa comezou tuteando e puidendo levar o partido. Tiveron os bicolores moitas ocasións nestes segundos 45 minutos, xogando moi ben, pero sen acerto. Doro marrou varias, Rubén tirou e a defensa mandaba a córner, e a máis clara foi unha de Noli que se adiantaba nun centro de Darío e despexou o porteiro cando xa se cantaba o gol nas bancadas de Fontenla.
Agora o XSC, xa sen opcións, seguirá defendendo a 5ª praza.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- A Organización da Liga Intermunicipios de Bergantiños dá a súa visión.
- Semanas de Maratóns.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2013.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).