Previa do fútbol da Costa neste ecuador do mes de outubro

Xa chegou da man da Federación o parte de sancións, e de contado imos repasando a previa desta fin de semana no fútbol da Costa no ecuador de outubro 2011. A xornada terá un foco especial en Fontenla, onde o Xallas recibe ao Soneira nun dos derbis da Preferente na nosa bisbarra. En 1ª só xogará o Cee, que recibirá a un Noia en postos de ascenso, pois o Ponteceso xa caeu ante o Sada no único encontro adiantado da categoría ao pasado martes 12. A fin de semana na Liga da Costa terá alicientes moi interesantes. Varios clásicos terán o protagonismo, como ese Camariñas-Fisterra ou ese Sofán-Malpica. Ademais, na 3ª, o Outes-Alcaián pode ser o partido máis igualado.

Reunión en Santiago

Sorpréndenos ler que este sábado hai unha reunión entre a Federación Galega de Fútbol e as asociacións de clubes de todo o país. Segundo informa futbolgalicia.com asistirán á devandita reunión acodirán as asociacións de Ferrol, Lugo, A Coruña e Santiago. Pero pola Costa da Morte non sabemos nada. Ademais, a reunión vai tocar un tema que atinxe, e moito, aos clubes da bisbarra, e polo nas últimas datas ata se prantexan parar a competición: o recibo arbitral unificado. E imos xa cos partidos da fin de semana matizando que os horarios das categorías inferiores pode que non sexan os auténticos, pois a Federación deixou de informar sobre estes na circular semanal de designación de campos e horarios.

Preferente, xornada 8

Xallas 15/10 - 17:00 Soneira
Boiro 16/10 - 16:30 Santa Comba
Dumbría 16/10 - 17:00 Gal. Mugardos

1ª Autonómica, xornada 7

Sada 2-1* Ponteceso
Cee 16/10 - 16:30 Noia
* Xogado o 12-10.

2ª Autonómica, xornada 7

Corcubión 15/10 - 16:30 Zas
Camariñas 16/10 - 17:00 Fisterra
Sofán 16/10 - 16:30 Malpica
Baio 16/10 - 16:30 Esteirana
O Pindo 16/10 - 16:30 Dumbría B
Nantón 16/10 - 16:30 San Lorenzo
Buño 16/10 - 17:00 Mazaricos
Castriz 16/10 - 17:15 Muros
Corme 16/10 - 17:30 Club do Mar

3ª Autonómica, xornada 9

Xaviña 15/10 - 17:30 Laxe
Atl. Pereiriña 15/10 - 16:00 Camelle
Cabana 15/10 - 18:00 Lira
Muxía 16/10 - 16:30 Carnota
Coristanco 16/10 - 16:30 Fisterra B
Volantes 16/10 - 16:30 Soneira B
Montelouro 16/10 - 16:30 Indep. Carballo
Corcoesto 16/10 - 16:30 Cerqueda
Outes 16/10 - 17:00 Alcaián

Liga Nacional Xuvenil, xornada 5

Negreira 15/10 - 16:00 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, xornada 5

Dumbría 15/10 - 16:30 Muros
Fisterra 15/10 - 16:30 Esteirana
Santa Comba 15/10 - 16:30 Corcubión
Outes 15/10 - 16:30 Mazaricos
Soneira 15/10 - 16:30 Cee

Liga Xuvenil Norte, xornada 8

Zas 15/10 - 16:30 Laxe
Baio 15/10 - 16:30 Camariñas
Cabana 15/10 - 16:30 Dumbría B
Muxía 15/10 - 16:30 Coristanco
Ponteceso 15/10 - 16:30 Malpica

División Honra Cadete, xornada 5

Deportivo - Bergantiños

Segunda Cadete, xornada 6

Esteirana 15/10 - 11:00 Dumbría
Fisterra 16/10 - 10:30 Porteño
Ponteceso 16/10 - 10:30 Baio
Muxía 16/10 - 10:30 Santa Comba
Malpica 16/10 - 10:30 Soneira
Zas 16/10 - 10:30 Cabana
Camariñas 16/10 - 10:30 Muros
Outes 16/10 - 10:30 Cee

Segunda Infantil, xornada 6

Dumbría 16/10 - 11:00 Cee
Fisterra 16/10 - 11:00 Cabana
Coristanco 16/10 - 11:00 Ponteceso
Esteirana 16/10 - 11:00 Outes
Con. de Carnota 16/10 - 11:00 Santa Comba
Corme 16/10 - 11:00 E.D. Os Miudos
As Baleas 1 6/10 - 11:00 Baio

Ligas de Veteranos, xornada 6

1ª División

Cabana 16/10 - 11:00 Vimianzo
Nantón 16/10 - 11:00 Castriz
Román 16/10 - 11:00 Baio
Bértoa 16/10 - 11:00 Bergantiños
Zas 16/10 - 11:00 Corcubión
Ponteceso 16/10 - 11:00 San Lorenzo
Buño 16/10 - 12:00 Camariñas

2ª División

Porteño 16/10 - 10:00 Leiloio
Soneira 16/10 - 10:00 Coristanco
Cerqueda 16/10 - 10:00 Club do Mar
Agualada 16/10 - 11:00 At. Milagrosa
Muros 16/10 - 11:00 Corme
Dep. Carballo 16/10 - 11:30 Sofán
Camelle 16/10 - 12:00 Corcoesto

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).