Un erro arbitral deixa ao Piragüismo Dumbría sen un Campionato de España

As cousas son así, e os árbitros unhas veces te dan, e outras te quitan, pero é que o que perdeu este sábado o CDM Piragüismo Dumbría foi un Campionato de España de Slalom na categoría Cadete.

Iago Canosa e Marco Oreiro competían pola medalla de Ouro nos Campionatos de España que se celebraban na nova Canle de Augas Bravas de Ponts, en Lleida. Acudían á cita coma máximos favoritos, no posto número 1 do ranking, e todo parecía indicar que non ían a ter demasiados problemas en adxudicarse o título.

Ata que na porta 10 a xuiza estimou que a cabeza de Marco non pasou entre pola mesma. "Marco pasou a porta claramente, i é unha pena, porque nos deixou sen un Campeonato de España que tiñamos na man. Evidentemente o árbitro se equivocou, e que se lle vai facer. Non creo que soubera nin a quen sancionaba, e moito menos que o fixera a propósito; equivocouse e así é o deporte, e asi é a vida", declara o entrenador del CDM Piragüismo Dumbría, Quique Portela. Pero o que está claro é que sen esa penalización, a embarcación dumbriesa, a pesar de non facer unha gran baixada, lle metía 18 segundos á seguinte clasificada, a embarcación do Santiagotarrak de Irún; todo un mundo neste deporte.

Fóra da final o C2, e trala volcada de Laura Antelo, que lle impediu o pase a semifinais coma nas súas anteriores competicións, o resto da participación do CDM Piragüismo Dumbría si que cumpliu co primeiro obxectivo e logrou meterse nas semifinais do domingo. Primeiro Marco Oreiro na canoa, e logo Iago Canosa e Xabier Trigo en kayak foron quenes de pasar á seguinte ronda. Aquí as penalizacións deixaron fora a Marco cun tempo de finalista, Xabier avanzou 4 postos máis, pero só Iago foi quen de pasar á ronda final.

Nesta, Iago fixo os seus caálculos, e coñecendo os tempos das rondas anteriores, calculou que facendo a súa manga faría un quinto ou sexto lugar. O plantexamento era claro, arriscar, e se saía cara, subíamos ó podium, pero si saía cruz, non perdíamos nada" comenta o seu entrenador. Lamentablemente saíu cruz, e Iago rematou nun meritorio noveno posto a competición.

Vindeira proba na casa

Agora unha vez rematada a competición nacional, só resta a disputa dos Campionatos Galegas de Slalom que terán lugar en Dumbría os vindeiros días 15 e 16 de setembro. A ver se para alá temos máis sorte.

Novas relacionadas

Fonte