Xoves. 16.09.2021
El tiempo

Deporte, música e diversión na Festa da Praia do Ézaro

Deporte, música e diversión na Festa da Praia do Ézaro

Outro ano máis, e xa van 27, volve a Festa da Praia do Ézaro! Unha fin de semana inolvidable no areal do Ézaro, que combina deporte, música e diversión.

Xa ollamos as Probas deportivas, e hoxe repasamos as propostas festexeiras. A fin de semana chega cargada, cun festival rock na noite do venres (Cos bravos muradáns de Terbutalina e os Familia Caamagno), que rematará a golpe de djs da zona; un sábado de verbena, e un domingo de deporte en familia.

Venres 6 de agosto

- Pola tarde VIII Campionato de Fútbol Praia sub-16.

E xa chegada a noite, a eso das 23:00, comezará a festa na "Casa de pedra" da man do Dj Rubén Martinez.

- Pasada a medianoite darase paso a música en directo, este ano cun cartel de verdadeiro luxo:

FAMILIA CAAMAGNO

TERBUTALINA

Acabados os concertos voltaremos outra vez a música electrónica para despedir a noite cos djs Fer Fisterra, Brais The Nice, Pana e Javi García.

Sábado 4 de agosto

- Ás 09:00- Comezo a 5ª proba do Campionato Galego Senior de Volei Praia con participación de xogadores federados e non federados, Campionato que durará todo o día.

- Ás 16:00- Comezará o XXV Maratón de Fútbol Praia "Festa da Praia", maratón que se alargará ata aproximadamente as 4 da mañá.

- Ás 23:00- Toca empezar a verbena, este ano a carón das orquestras: TROLE e CHICAGO.

Domingo 6 de agosto

- Ás 13:00- Sardiñada Popular Gratuita.

E Pola tarde::
- Montaxe dun parque infantil gratuito.
- Actuación da charanga "Os Celtas".
- Finales da 5ª proba do Campionato Galego Senior de Volei Praia;
- Final do VIII Campionato de Fútbol Praia sub-16.
- Final do XXV Maratón de Fútbol Praia "Festa da Praia".
- Xogos populares na praia.

E poñendo o broche final a festa, as 23:00 actuación da Orquestra "Nova Palma".

Novas relacionadas

Fonte

comentarios