O Club Ciclista Dumbría xa é un dos máis numerosos de Galicia


O pasado sábado, o Club de Ciclismo Dumbría presentábase a unha nova competición. Desta vez na cidade da Coruña, concretamente no polígono do Espíritu Santo, e nunha competición federada e organizada polo clube local do Cambre Caeiro. O clube dumbriés competiu cun total de 12 ciclistas, repartidos nas categorías principiante e cadetes.
Cómpre destacar a participación na categoría cadete que debutaba na modalidade de estrada cos deportistas, Jesús Suárez e Bertín Ramos, que pese a ser a primeira vez que desputaban unha carreira desta modalidade, cumpliron coas espectativas dentro dun nutrido pelotón con ciclistas moi experimentados.
Un clube en auxe
Deste xeito o club segue a medrar, tendo representacion en tódalas categorías federadas, tanto de btt coma de estrada. Na categoría de principiantes con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos, os representantes costeiros non puideron entrar en postos altos na clasificación, pero pese o pouco tempo de adestramento fan o percorrido con total normalidade.
Destacar tamén que o ciclismo Dumbría xa é por numero de deportistas un dos máis numerosos nas competicions. A día de hoxe, o club conta cun total de 20 ciclistas, todos federados e competindo a nivel Galego por toda a Comunidade.
Vindeira proba
A vindeira competición será o sábado 11 de agosto en Cambados.
Novas relacionadas
- Máis de 150 países verán en directo a chegada ao Alto do Ézaro da Vuelta 2012.
- 200 persoas disfrutaron e reivindicaron o uso das 2 rodas no Día da Bici de Malpica.
- Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país.
- Presentada de forma oficial a nova sección de Ciclismo do C.F. Dumbría.