Vitoria clave do Volei Dumbría para afianzar o 2º posto
Segue dando alegrías este Voleibol Dumbría. que esta pasada fin de semana conseguía unha importantísima vitoria ante o Rotogal Boiro. O cadro da Barbanza chegaba 4º, arroupado ademais por un amplo número de afeccionados, coa posibilidade de meterse na loita pola 2ª praza. Pero a entregada afección dumbriesa (este equipo xa ten grupo de siareiros fieis), encheu o pavillón do Conco para levar en volandas aos seus cara unha nova vitoria.
Así, os costeiros afianzan a 2ª praza, aínda a 7 puntos dun intratable EMEVE (co que recortan un puntiño pos venceu 3-2), pero con 5 de vantaxe sobre o Badajoz e xa 9 puntos sobre o Boiro.
Superliga Masculina 2 Grupo A , xornada 15
- Resultado: Voleibol Dumbría - Rotogal Boiro (3-1).
- Parciais: 25-16 / 17-25 / 25-21 / 27-25 / 0-0.
No segundo set os boirenses apretarían ao saque e sabendo o que se xogaban tirarían de casta para igualar o marcador a 1 e impoñerse con moita facilidade por 17-25.
No terceiro set ningún dos equipos facíase co control do xogo e tras un gran inicio dos dumbrieses que poñían o marcador en 10-4 os boirenses achegaríanse ata un 13-14. Os locais conseguirían manter a calma e levarse este set por 25-21.
No cuarto, os xogadores de Luís Alberto Fernández sairían a por todas coa mentalidad de sumar os 3 puntos e afastar a un rival directo pola loita da fase de ascenso. Cun inicio aplastante de 9-3, os visitantes non baixarían a garda e conseguirían darlle a volta e poñer o 14-16 no marcador encabezados polo seu oposto Juan Romeral. De aí ata o final o partido sería un toma e daca con alternancias no marcador ata os puntos finais, onde os xogadores de Emilio Palacio cometerían demasiados erros que aproveitarían os dumbrieses para colocar o 27-25 definitivo.
O oposto dumbriés Néstor González converteríase no home do partido con 32 puntos e 5 bloqueos.
Máis información
Novas relacionadas
- Os Alevíns do Volei Dumbría, máis preto Final Autonómica tras vencer a fase Provincial en Ourense.
- O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.
- O Volei Dumbría tamén vence o derbi coruñés da SM2.