Venres. 13.12.2019
El tiempo

O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia

O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia
O Volei Dumbria campion da Copa Galicia de Voleibol O Volei Dumbría campión da Copa Galicia de Voleibol

Non pode haber mellor maneira de empezar un ano ilusionante. Instalado na 2ª praza da SuperLiga2, o Volei Dumbría aproveitaba o parón de Nadal para disputar a XXXVI edición da Copa Galicia. Unha cita que reunía no pavillón Municipal de As Pontes, a sete dos equipos galegos de máis prestixio. Se na final feminina venceu o Emeve, en categoría masculina o Volei Dumbría conseguiu, por primeira vez na historia do club, unha Copa Galicia.

En semis, o cadro dumbriés enfrontouse ao Emevé, líder invicto da Superliga 2, con 7 puntos de vantaxe. Esta igualdade en liga trasladouse á cancha da competición copeira e o partido mantivo a emoción a pesar das baixas no conxunto de Lugo e de resolverse en tan só tres asaltos para os da Costa da Morte. O Voleibol Dumbría foi superior nas rectas finais do set, o que lle deu a vitoria con parciais de 22-25, 22-25 e 21-25 e levou aos de Luis Alberto Fernández, á final.

O seu rival sería o Intasa San Sadurniño, único equipo galego masculino da Superliga e clasificado automáticamente para a gran final. Coas primeiras accións houbo igualdade no campo e no marcador con empate a 6 tantos. Pero coa chegada de Néstor A. González ao saque, o Voleibol Dumbría púxose catro puntos por diante e a partir dese momento dominou o xogo fronte un San Sadurniño que caía vítima dos seus propios erros 25 a 19.

No segundo set o Dumbría comezou adiantándose no marcador ante as imprecisión dos ferroláns pero unha relaxación no xogo dos visitantes propiciou a recuperación do Intasa que se puxo por diante 15 a 13 mediado o set. Chegou a tensión á recta final de set con empate a 20 puntos, pero o Dumbría apertou e un fallo de ataque do Sansa puxo o 25-22.

E no terceiro igualábanse as forzas dende o comezo con empates a 8 e 11 tantos, varios fallos de saque e tamén boas xogadas na rede por parte de ambos conxuntos. Pero o Dumbría, consciente da oportunidade que tiñan entre mans para rematar a proeza e facetes coa súa primeira Copa Galicia apoiou se en Néstor A. González para coller catro puntos de vantaxe que perdían máis tarde nunha mala racha na rede (21-21) para deixar finalmente que o Aldebarán pechara 25 a 23.

Xa no cuarto o Dumbría non desaproveitaría a oportunidade e marchaba dende o comezo no luminoso para poñerse 14 - 5 e tomar o control do xogo, manténdose por diante ata o 25 - 16 que os proclamaba campións.

Tras as finais tivo lugar a entrega de premios, na que estiveron presentes, ademais do presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna Bargo, o concelleiro de deportes Chicho Tembras e a tenente de alcalde Monserrat García, clausurando a XXXVI edición de Copa Galicia.

Volei Dumbria campion da Copa Galicia de Voleibol

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-volei-dumbria-tamen-vence-o-derbi-corunes-da-sm2/

Comentarios