O Volei Dumbría tamén vence o derbi coruñés da SM2


Segue facendo unha histórica temporada o Voley Dumbría na SuperLiga 2, a 2ª división do voleibol estatal. Os costeiros venceron no derbi coruñés ao Calancias Coruña e se mantén na 2ª praza do grupo A, a falta tan só dunha xornada para finalizar a primeira volta, a 4 puntos dun Emeve que non se deixou nin un só set en toda a temporada.
Voleibol Dumbría - Calasancias Coruña (3-1)
- Parciais: 25-17, 22-25, 25-13 e 25-14.

Arrincaban fortes os dumbrieses que chegaban cunha vantaxe de 18-9 ao final do primeiro set, momento en que aproveitarían para dar entrada aos xogadores menos habituais que pecharían o set cun marcador favorable de 25-17.
Esta certa comodidade no marcador faría que os locais se relaxasen en exceso e realizarían demasiados erros non forzados a final de set aproveitando os coruñeses para levarse o set por 22-25.
A partir de aí, os xogadores de Luís Alberto Fernández aprenderían dos erros e non levantarían o pé do acelerador para levarse os dous seguintes sets por 25-13 e 25-14.
Néstor González con 26 puntos e Daniel Muñoz con 21 volveron ser os máximos exponentes no ataque dumbriés.