Xuvenís: O Ponteceso esperará un tropezo de Pedreiras ou Xallas na última xornada

As Pedreiras está a unha vitoria de quedar campión da Liguilla e meterse na Fase de Ascenso na súa primeira temporada na categoría
Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís

Unha xornada e todo en xogo. As Pedreiras, Xallas e Ponteceso xóganse todo a unha carta a vindeira fin de semana. A vitoria do Ponteceso na casa do líder, As Pedreiras, acabando coa súa imbatibilidade, deixa aos de Gurita empatados a puntos co cadro xalleiro, pero estes contan co golaveraxe individual a favor.

Así a última xornada deixa 3 partidos sen enfrontamentos directos, de xeito que se Pedreiras e Xallas vencen en Outes e Cee se meterían na Fase de Ascenso á Liga da Costa. O Ponteceso ten que gañar ao Coristanco e esperar un tropezo de calquera dos dous.

 

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 9

 

As Pedreiras - Ponteceso (2-5)

  • As Pedreiras: Benjamín, Fidalgo, Eloy, Kuki (Cotelo), Jose, Aarón, Iván (Rubén), Alex, Brais, Alberto (David) e Yago.
  • Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Aarón, Iván Rdo., Aday e Loureiro. Tamén: Brais Ceán, Víctor, Lucas, Pop e Arturo.
  • Goles: 1-0, m.7: Yago; 1-1, m.50: Eloy; 1-2, m.56: Aday: 2-2, m.78: Brais de penalti; 2-3, m.81: Brais Ceán; 2-4, m.87: Pop; 2-5, m.89: Eloy.

Partido tremendamente vivido en Verdillo este sábado cunha parte para cada un. Comezaba o cadro local moito máis metido, cunha gran presión arriba, boa saída de balón, chegando combinando, con moitisimas ocasións (Yago perdoou 3 veces, unha coa porteria baleira), ante un Ponteceso que acosaba o rápido gol inicial e a expulsión dun xogador.

Pero cambiou o partido ao comezo da segunda. Parecía que eran os carballeses os que tiñan un home menos porque foi o Ponteceso o que lle daba a volta ao marcador. Chegou nun penalti o empate, pero lonxe de virse abaixo os visitantes foron de novo polo partido e marcaron un 2-3 que fixo que As Pedreiras se volcase para que á contra chegasen os últimos dous goles.

 

Xallas - Outes (4-0)

  • Xallas: Hadrián, Raúl, Freire, Fran, Alberto, Carlos Rieiro, Martín, Rachín, Adri, José Carlos e Manu. Tamén: Pablo, Estalote, Brais Rial, Adrián e Héitor.
  • Outes: Adrián (Siro), Alberto, Simón, Joel, Mateo, Saúl, Jose (Sergio Nieto), Adán, Fabio, Serxio e Fran (Ryan).
  • Goles: Riero (2), Rachón e Manu fixeron os goles para o Xallas.

Partido dominado polo Xallas ante un Outes combativo pero con poucos recursos. Un Outes con moitos problemas de efectivos que segue dando a cara a pesar de non ter puntuado en toda a liguilla. En Castriz tiveron boas ocasións para que o resultado non fose tan abultado, pero non estiveron acertados cara gol.

 

Coristanco - Cee (8-5)

  • Coristanco: Dani, Cristian, Álvaro, Espasandín, Esteban, Carlos, Sergio, Adrián RR, Anido, Jose e Castro. Tamén: Alex, Iván, Pombo e Ezequiel.
  • Cee: José Carlos, Borja, Senlle, Hugo, Chema, Rubén Castillo, Isma, Jon, Xabi, Samu e Pablo. Tamén: Carlos, Brais Lagoa e Adrián Mouzo.
  • Goles: Pablo, Rubén Castillo, Jon, Samu e Chema para os ceenses. Castro (3), Cristian, Álex, Jose (2) e RR.

Partido absolutamente de tolos entre dous equipos que non se xogaban nada, no que cada ocasión era gol, dando un fermoso espectáculo para os espectadores. Mágoa a plaga de lesións que segue afectando ao cadro coristanqués que o sábado perdía a Espasandín e Carlos á media hora, mentres que por Cee sufrían varios lesionados xa no quecemento.

Comezaba forte o Coristanco que buscou alonxar o máis posible o balón da súa área pois as lesións obrigaban a poñer un xogador de campo, Dani, baixo paus. A base de brega foron poñéndose por diante, gracias ao acerto de Castro, e á súa parella de baile neste choque, un Jos que foi do mellor do campo marcando, asistindo, recuperando balóns, e empuxando o equipo para unha vitoria que tanta falta lle facía a nivel psicolóxico.

Empezaba pegando o Coristanco pero o Cee empataba a 2, se ben antes do descanso eran os locais os que se volvían colocar unha fenda importante cun 5-2 a favor. O Cee remontaba á volta dos vestiarios e se colocaba 6-5 no eduador da segunda metade pero un rápido gol de Castro botaba por terra o intento de remontada antes de que Adri sentenciase este partido de tolos.

Gran campaña deste Coristanco Xuvenil de Eloy  

Ligas copeiras

Non houbo xornada e queda todo para a última cita deste sábado 25. De aí se saberán os que se meterán nos Oitavos de Copa, que terá o seu sorteo este vindeiro luns.

 

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información