Luns. 20.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Ponteceso cae do póker

Xuvenís: O Ponteceso cae do póker
Rachon no choque do Xallas ante o Ponteceso-Foto-Martin Rachón, un dos protagonistas do choque do Xallas ante o Ponteceso-Foto-Martin A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Só quedan 3. A derrota do Ponteceso a mans do Xallas deixa unha fenda aberta entre o trío de cabeza e o cadro pontecesán, de 5 puntos, que a falta de 4 xornadas, pode ser difícilmente salvable. Non fallaron tampouco As Pedreiras e Cee, aínda que os ceenses touclles sufrir ante o Outes. Os tres quedan nun pano de só 2 puntos, loitando polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.
En todo caso, aínda quedan moitos choques directos, como o que enfrontará a vindeira semana a Ponteceso e Cee no Pinguel.

Na Copa, só un partido se disputou, o xogado en Cabana e no que o Corme levou o premio.

 

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 6

 

Xallas - Ponteceso (3-0)

O Ponteceso en Castriz O Ponteceso en Castriz
  • Xallas: Coke, Danis, Pablo, Alberto, Juanjo, Dibaio, Fran (Chiki), Rachón (Brais) Carlos (Manu) e Thiago (Héitor).
  • Ponteceso: Damián, Luca, Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Pop, Aarón, Eloy, Aday e Loureiro. Tamén: Brais, Víctor, Iván Rodríguez, Lucas e David Velo.
  • Goles: 1-0, m.31: Thiago rouballe o balón ao lateral metese na area e cruzalla perfecta; 2-0, m.55: Thiago; 3-0, m.90: Rachón nunha contra.
Alberto no Xallas-Ponteceso xuvenil-Foto-Martin Alberto no Xallas-Ponteceso xuvenil-Foto-Martin

Non foi partido para un 3-0, pero a eficacia xalleira foi determinante para sacar ao Ponteceso da loita polas dúas prazas de ascenso. Foi un Partido moi disputado, de poder a poder, no que os locais estiveron mais acertados de cara gol. Apenas houbera ocasións cando Thiago rouballe o balón ao lateral metese na area e crúzalla perfecta.

Comezou a segunda moi ben o Ponteceso, subindo liñas ante un Xallas perfecto en defensa, e nun rexeite e en posible fóra de xogo marcou o segundo Thiago. Non decaeu o Ponteceso, pero seguiu intentándoo xerando algunha ocasión e mesmo pedindo un penalti Co Ponteceso a desesperada unha contra foi remachada por Rachon no segundo pao.

Gol do Xallas ao Ponteceso-Foto-Martin Gol do Xallas ao Ponteceso-Foto-Martin  

Cee - Outes (2-1)

  • Cee: Carlos, Adrián, Rubén Senlle, Borja, Chema, Castillo, Xabi, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Brais Lagoa, Xavi, Hugo e José Carlos.
  • Outes: Adrián, Álvaro, Mateo, Joel, Simón, Saúl, Adán, Fabio, Fran, Alberto e Sergio. Tamén: Perol, Siro, Sergio Nieto, Brais e Nico.
  • Goles: 0-1, m.38: Fran tras unha boa xogada de Adán; 1-1, m.61: Rubén Senlle; 2-1, m.66: Samu.

Sufriu o Cee para superar a un Outes que soubo xorgar as súas cartas pero que lle fallaron as forzas. Comezaron os da Serra ben pregadiños atrás, buscando as contras e non permitindo apenas ocasións aos locais. O Cee non era quen de superar á defensa e os visitantes aprobaron un erro na defensa ceense para adiantarse.

Tivo que subir liñas o cadro local, que foi decidido polo partido na segunda. E chegaron as ocasións e os goles, un golazo de Senlle de cabeza e outro de Samuel. O Outes seguiuno intentándoo ata o remate do choque pero non puido evitar que o cadro ceense sumasen 3 puntos vitais, deixando aos da Serra sen estrear o taboleiro de puntos a pesar dos bos partidos que están realizando.

 

Coristanco - As Pedreiras (1-4)

  • Coristanco: Alberto, Jorge, Álvaro, Sergio, Esteban, Carlos, Alex, Jose, RR, Castro e Anido. Tamén: Espasandin, Dani, Iván e Cristian.
  • As Pedreiras: Benja, Cotelo, Diego, Eloy, Dani, Pazos, Aarón, Iván, Alex, Brais Cancela e Yago Varela. Tamén; Andrade, Rubén, Alex Cotelo, Ángel e Diego.
  • Goles: 0-1, m.18: Brais Cancela; 0-2, m.22: Aarón; 1-2, m.58: Castro; 1-3, m.60: Yago Varela; 1-4, m.86: Brais Cancela.

Partido loitado por ambos lados pero onde o nivel do cadro carballés, dados os seus acertos e xogo, decantaría o partido axudado polos erros locais. Mereceu máis, en todo caso, o cadro local, que estivo moi ben atrás, sacou boas contras, pero non estivo fino arriba. Empezaban forte os dous equipos, pelexando cada balón. E chegaban tamén as ocasións, pero se o Coristanco se topaba co porteiro de Verdillo, Benja, e coa boa defensa. Polo lado contrario, cada ocasión dos carballeses acababa en gol, e xa aos 20 minutos vencían tras varios roubos no medio campo e unhas contras vertixinosas.

Comezou o Coristanco decidido, e puido recurtar con dúas faltas moi ben atalladas por Benja. Foi Castro, o pichichi da categoría, o que recurtaría, pero volveron aparacer un par de erros de concentración que non perdoaban os visitantes.

 

Liguilla copeira, grupo 3, xornada 4

 

Cabana - Corme (3-4)

  • Goles: 1-0, m.5: Ferreiro; 2-0, m.10: Ferreiro; 2-1, m.24: Manu Tasende; 3-1, m.33: Alberto; 3-2, m.46: Manu Tasende; 3-3, m.57: Samu; 3-4, m.87: Manu Bermúdez.
Cabana-Corme de xuvenis-Foto-SD 2 Manu Bermúdez marcou o gol da vitoria para o Corme en Cabana-Foto-SD

Choque dispar o vivido nas Redondas, cunha parte para cada un. A primeira fixo o cadro local un partidazo, marchando ao descanso cun claro 3-1. Pero as tornas cambiaron na segunda. Nada máis saír Manu Tasende volvía meter ao Corme no partido, e pouco a pouco demostraron que tiñan máis gañas de levar os 3 puntos e acabaron remontando cun tanto do capitán Manu Bermúdez xa no treito final.

Cabana-Corme de xuvenis-Foto-SD Cabana-Corme de xuvenis-Foto-SD  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios