Luns. 20.05.2024
El tiempo

Xuvenís: As Pedreiras pega o salto

Xuvenís: As Pedreiras pega o salto
As Pedreiras destácase na Liga Xuvenil tras vencer ao Xallas As Pedreiras destácase na Liga Xuvenil tras vencer ao Xallas Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís

Dicíamos a semana pasada que o Ponteceso caíase do póker de arriba, pero o cadro de Gurita resístese a deixar a loita polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Os pontecesáns venceron con rotundidade ao Cee e volven colocarse en plena loita con ceenses e xalleiros.

Pero os grandes protagonistas da xornada foron os xogadores dAs Pedreiras, o equipo que despois superar a todo un Xallas, se sitúa como gran favorito ao título cando quedan 3 xornadas para o remate. 5 vitorias e 2 empates leva o cadro de Rudi nesta segunda fase.

Xallas, Ponteceso e Cee quedan nun pano de 1 só punto cando quedan só 3 xornadas de infarto, con choques directos cada semana.

 

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 7

 

As Pedreiras - Xallas (1-0)

  • As Pedreiras: Benjamín, Kuki, Alex, Fidalgo, Aarón, Eloy, Jose, Iván (Rubén), Cotelo (David), Brais (Diego) e Yago (Ángel).
  • Xallas: Álvaro, Raúl, Pablo, Juan, Fran, Alberto, Thiago, Carlos Rieiro, Rachón, José Carlos e Cristian. Tamén: Iago, Grille, Martín, Manu e Hadrián.
  • Gol: 1-0, m.72: David.

Unha parte para cada equipo e vitoria para o cadro local, tras un choque tremendamente igualado, nun campo en regulares condicións. O Xallas empezou o partido fortísimo, cunha presión intensa que non permitiu xogar aos locais. Pero os de Dani Calve tenon estiveron acertados cara gol, e non acertaron ningunha das ocasións das que dispuxeron (ata 7 córners botaron os xalleiros), pola falta de acerto e as boas accións de porteiro e defensa carballesas.

Cambiou o cor do partido na segunda. Baixou o ritmo o Xallas, quizais polo cansancio da primeira parte e o San Lorenzo saía con máis facilidade á contra, aproveitando os espazos. As ocasións cambiaron de bando, e os locais mandaban un balón ao pau antes de marcar o único gol do partido.

Intentou empatar o cadro verde, e ocasións tiveron para conseguilo, pero a máis clara foi unha falta de Rachón na frontal que sacou ben Benji, deixando os puntos e o liderado na casa.

 

Outes - Coristanco (2-5)

  • Outes: Adrián, Álvaro, David, Joel, Mateo, Saúl, Simón, Adán, Serxio, Alberto e Fabio. Tamén xogaron: Sergio Nieto, Brais, Ryan e Fran.
  • Coristanco: Alberto, Espasandín, Álvaro, Sergio, Esteban, Carlos, RR, Dani, Castro, Álex, Iván. Tamén: Anido, Cristián, Iago e Eloy.
  • Goles: 0-1: Castro a pase de Álex; 0-1: Álex; 1-2: Fabio; (descanso) 1-3: Castro a pase de Álex; 2-3: Ryan; 2-4: Anido; 2-5: Castro a pase de Carlos.

Partido vistoso, con moitas ocasións, e que comezaba cunha primeira metade bastante igualada, con chegadas para os dous bandos. O Coristanco levaba a iniciativa, intentando volver ao xogo combinativo que non puido facer ante os grandes equipos da categoría, pero o Outes respondía ben. Adiantábase os verdes pero rapidamente empataban os locais con dúas xogadas de Alex, pero o Outes aproveitaba un erro da defensa visitante para recurtar e meterse no parido antes do descanso.

Pouco tardou o Coristanco en amrcar o terceiro facendo boas as entradas por bandas que servían de leña para os dianteiros. Alex volvía entrar ata liña de fondo para que Castro fixese o que mellor sabe, marcar. Pero o Outes non se deixaba ir e Ryan volvía poñer emoción no marcador aproveitando unha contra.

Foron minutos de incertidume ata que Anido marcaba o cuarto que xa sentenciaba o choque para que Castro, desta volta a pase de Carlos, certificase o seu triplete que demostra por que foi o pichichi da liga regular.

 

Ponteceso - Cee (3-0)

  • Ponteceso: Damián, Brais, Luca, Aarón, Jorge, Ismail, Eloy, Zekri, Iván Rodriguez, Aday e Loureiro. Tamén: Víctor, Pop, Iván Cousillas e David Velo.
  • Cee: Carlos, Adri, Rubén Senlle, Borja, Hugo, Xavi, Xabi, Brais Lagoa, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Alex Agulleiro e José Carlos.
  • Goles: 1-0, m.31: Eloy; 2-0, m.87: Iván Rodríguez; 3-0, m.89: Eloy.

Chegaba o Cee con moitas baixas por lesións para este importante choque. O Ponteceso foi superior e fixo un bo partido, se ben a primeira metade foi moi igualada, co cadro local levando o peso, pero cun Cee que tamén chegaba á meta rival. Abría o marcador Eloy na primeira metade, pero o partido quedaba moi aberto.

Pasoiu unha hora na que o Ponteceso intentaba dominar, pero que o Cee, a medida que ían pasando os minutos ían subindo liñas. Tiveron os de Carlos Pazos ocasións para empatar, pero deixaron demasiados espazos que tamén puideron significar a sentenza antes de que, xa nos últimos minutos, dous goles máis finiqutaran o choque para os de Gurita, que se meten na pomada.

 

Dous invictos nas Liguillas copeiras

Fisterra e Baio son os únicos invictos nestas liguillas copeiras.

Partidos igualados no Grupo 1 das liguillas copeiras, cun Fisterra que se destaca na clasificación tras vencer de xeito apurado en Esteiro. Os fisterráns sacan 6 puntos a esteiráns e muxiáns, que vencían son solvencia ao Corcubión.

No Grupo 2, o Baio segue imparable e goleou ao Camariñas con faclidade. Por detrás segue o Sofán, que venceu en Laxe nun partido de clara superioridade.

O grupo máis igualado é o Grupo 3, con 3 equipos empatados a 7 puntos. Cabana, Corme e Os Miúdos están protagonizando fermosos duelos. De todas maneiras esta semana só se disputou o derbi muradán pois o vibrante Cabana-Corme foi adiantado á semana pasada.

 

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios