185.000 para embelecer os accesos á Fervenza do Ézaro

Parte das obras se levaron a cabo para recibir ao pelotón de La Vuelta, pero o convenio asinado a pasada mañá polo alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e a delegada territorial da Xunta na Coruña en funcións, Camino Triguero, serve para embelecer e dotar de maior funcionalidade o acceso á fervenza do río Xallas desde a estrada AC-550.

Así, a Xunta fai unha achega de 184.627 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico.

As labores incluíron a mellora dos bordes e do firme da calzada, así como a creación de espazos de estar para os usuarios. Tamén se procedeu á eliminación dos postes do tendido eléctrico e á dotación de todas instalacións necesarias de maneira soterrada. En xeral, a subvención posibilitou a posta en valor deste ámbito, destacando os elementos culturais da zona, como son as edificacións tradicionais dos pescadores e o peirao.

Na mesma liña, a partida obtida a través do Fondo de Compensación Ambiental, permitiu amoblar o centro de interpretación do monte Pindo, construído nesta zona, e acondicionar un edificio próximo ao peirao como punto de información turística.

50.000 visitas anuais

Os técnicos do departamento autonómico supervisaron nos últimos días a execución das obras, que consistiron na adopción de medidas para embelecer e dotar de maior funcionalidade o acceso a este paraxe do río Xallas desde a estrada AC-550, que recibe unha afluencia de máis de 50.000 visitas anuais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.