Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ferroatlántica xa ten financiamento para as 3 minicentrais do Xallas

Ferroatlántica xa ten financiamento para as 3 minicentrais do Xallas
Imaxe dun dos encoros do rio Xallas

Xa estaban aprobadas dende febreiro. Pero en breve serán unha realidade. A empresa Ferroatlántica vén de recibir o financiamento necesario para levar a cabo a construción de 3 minicentrais hidroeléctricas no curso do río Xallas.

A entidade vén de recibir un préstamo duns 107 millóns de euros cun grupo de bancos españois e estranxeiros, dos que 35 millóns de euros destinaranse á construción destas 3 mini centrais hidráulicas cunha potencia total de 19,6 MW.

Falamos dos novos saltos de A Fervenza II, Novo Castrelo e Ponte Olveira II, sendo xa 8 as minicentrais e 4 os encoros construídos en 9 quilómetros do río Xallas. Falamos dun proxecto que xa tivo resposta de colectivos medioambientais.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Ferroatlántica.

Comentarios