Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría abre unha nova e ilusionante tempada

O CDM Piragüismo Dumbría abre unha nova e ilusionante tempada
Os pequenos do Piragüismo Dumbría xa saltaron ao río

En pleno inverno. Así se bregan os bravos piragüistas da Costa da Morte, que o pasado mes xa comezaban a remar polos ríos de Dumbría. Cadetes, Xuveniles e Seniors facíano en novembro, e esta pasada ponte xa comezaron o resto de categorías. E xa pensan en xaneiro, cando o Clube Deporivo Municipal Piragüismo Dumbría porá en marcha unha novedosa escola para adultos.

Así afronta un ano máis, e con toda a ilusión do mundo, a tempada 2013 na familia dumbriesa. Aínda que para a primeira competición queda moito, xa ía sendo hora de por en macha toda a actividade de pretemporada para ir sacudindo as telarañas dos kayaks e as canoas. Ademais, moitos dos rapaces do clube estaban impacentes por volver a sair a entrenar ó río, e iso se notou na actividade desta ponte da constitución, onde como podedes ver, tiñamos o río saturado de pequenos palistas con gañas de entrenar.

Inscricións

Para todo aquel pai ou nai que teña un pequeno maior de 8 anos, e que sepa nadar, que non dubide en porse en contacto no clube ([email protected]) ou co Concello de Dumbría, se pensan que esta sería unha actividade interesante para o seu pequeno ou pequena. As vacacións de Nadal pode ser un bo momento para empezar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios