A Festa da Praia do Ézaro cumpre 30 anos
Un ano mais, e xa van 30, volve a Festa da Praia do Ézaro. Aínda están abertas as inscricións para as competicións deportivas de primeiro nivel, pero tamén haberá moitas outras cousas que facer, nesta cita que mestura xogos, natureza, deporte e troula.
O 30 aniversario arrinca o venres 31 de xullo, en clave deportiva, para deixar pola noite tempo para a Orquesta Filadelfia e a disco móbil.
O sábado 1 de agosto, pola mañá XXV Campionato de Volei Praia e pola tarde XXVIII Marathón de Fútbol Praia no areal do Ézaro. E pola noite, verbena coa orquesta The Boys Machine e discomóbil ben potente.
Tamén teremos lío o domingo 2 de agosto, con inchables e actividades para os mais pequenos durante todo o día. Con algodón de azúcar para todos os asistentes.
Ás 12:30h arrinca a Sardiñada popular, e pola tarde, xogos populares e finais dos campionatos.
Novas relacionadas
- A Festa da Praia do Ézaro cumple 30 anos facendo do deporte unha relixión.
- A praia do Ézaro será o centro do volei praia galego con 4 probas.
- Un dumbriés no Campionato de España de Seleccións sub-17 de Volei Praia.
- 2014: A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- 2014: O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).