Aprendendo a disfrutar a arte de escribir de primeira man

Fantástica a proposta pola Semana da Lectura no CEIP Santa Eulalia de Dumbría. 6 figuras da literatura e da poesía galega pasarán unha hora cos pequenos alumnso dumbrieses co afán de espertar neles ese amor que todos temos polas aventuras e polos libros.

O primeiro, ao que lle tocou abrir a lata, o tarro das esencias para embragar aos pequenos, foi o poeta coruñés-muxián Xosé Henrique Rivadulla Corcón, xa todo un especialista nas batallas cos pequenos corsarios da Costa. Corcón fíxo rir, chorar, sentir… aos pequenos do 5º curso coas súas historias, pero os alumnos tamén participaron, contándolle a el algún que outro conto.

Ademais, a cita serviu para outorgarlle o premio á gañadora do Certame de contos de 5º, unha fantástica proposta que fan en todas as clases. Desta volta a gañadora foi Alexandra Suárez Quintáns, que tivo a honra de recibir de Corcón o premio.

Tamén os nenos tiveron un detalle con Corcón, demostrando o agradecidos que están por estas sesións prácticas e directas coa arte de escribir.

Máis visitas literarias

Ao longo da semana seguirán pasando escritores da zona. Hoxe martes 16 será o turno de Paula Carballeira e os seus contos para os de Infantil e 1º ciclo.
O mércores tócalle o turno a María Lado cos de 2º ciclo.
Xurxo Souto estará o xoves 18 cos de 6º curso, e para o venres tócalle o turno pola mañá a Suso Bahamonde cos de 2º ciclo, e a Rocío Leira cos de 1º curso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).