Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Unha Semana para amar o Libro

Unha Semana para amar o Libro
Paula Carballeira, Suso Bahamonde, María Lado, Rocío Leira, Xurxo Souto e Rivadulla Corcon están na Semana do Libro do CEIP de Dumbría

Impresionante a proposta cultural do CEIP Santa Eulalia de Dumbría para a IV Semana do Libro. 6 escritores da zona, 6 escritores moi vencellados ao Batallón Literario da Costa da Morte pasarán polas aulas do centro para facer diferentes actividades de achegamento á poesía. Un dos mellores xeitos de sacar esa faísca de ilusión e amor pola arte.

Unha Semana do libro que xa chega á súa carta edición e a través da cal os alumnos dumbrieses xa teñen coñecido a personalidades como Concha Blanco, Ramón Caride, Pepe Carballude, Neira Vilar, Antón Cortizas, Marilar Alexandre, Miro Villar, Alexandre Nerium, Mario Tomás, María Canosa, Modesto Fraga... Un cúmulo de nomes que forman a vangarda literaria da Costa da Morte.

Esta vindeira semana serán 6 os poetas que pasen polo centro dumbriés para compartir experiencias e desenvolver diferentes talleres literarios. O luns 15 abrirá a Semana Xosé Henrique Rivadulla “Corcón” cos de 5º curso.
O martes 16 será Paula Carballeira os que faga vibrar cos seus contos aos de Infantil e 1º ciclo.
O mércores tócalle o turno a María Lado cos de 2º ciclo.
Xurxo Souto estará o xoves 18 cos de 6º curso, e para o venres tócalle o turno pola mañá a Suso Bahamonde cos de 2º ciclo, e a Rocío Leira cos de 1º curso.

Toda unha semana para coñecer a arte costeira de primeira man, disfrutar con ela e aprender a crear cos propios escritores. Un luxo do que poden disfrutar os alumnos gracia ao traballo na organización de Dani Mato, mestre de Educación Física implicado tamén na saúde mental dos seus alumnos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios