Venres. 18.10.2019
El tiempo

7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil

7 autores demostran que a Costa da Morte é unha potencia en literatura infantil

Continúa os escritores da Costa da Morte deixándose ver polo mundo adiante. Hoxe coñecemos a través do portal culturagalega.org o catálogo trilingüe Galician Books for Children and Young Adults 2012, editado pola Consellaría de Cultura e mais GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Un catálogo que pretende ser un escaparate mundial das publicacións infantís e xuvenís en galego. Entre os artistas que recolle o catálogo, temos varios veciños.

Ata 7 escritores da Costa da Morte atopamos entre máis dun cento de libros, o que verdadeiramente dá conta de que a Costa da Morte é toda unha potencia en literatura infantil.

Como Miro Villar, quen nos conta a través das súas Crebas, que entre as 118 obras, varias teñen sotaque costimorteño. Como o seu libro A Cobiza do Verme.

Tamén atopamos á ceense María Canosa, con ata 3 obras no catálogo, como son O Crebanoces, A Tartaruga do Martiño e O Papaventos de Paula.

Ao tempo vemos aos ceenses Estevo Creus con Balea 2 e Concha Blanco con Luces, cores e bicos. Ou ao corcubionés Miguel Vázquez Freire co seu Souto escuro e perigoso.

E tamén atopamos o libro do mazaricán Silvestre Gómez Xurxo, Ti non xogas?, ademais do do coruñés e muxián de adopción, X.H. Rivadulla Corcón, O noso amor será eterno.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios