Atopan nun río de Berdeogas o corpo sen vida dun home
15 de xaneiro de 2026 (09:42 h.)
Esta pasada tarde de mércores, arredor das 19:00h, unha familia denunciaba a desaparición dun home duns 60 anos polos montes de Dumbría.
Horas despois, era atopado o corpo sen vida nun río zona de Chaín, na parroquia de Berdeogás, en Dumbría. Os bombeiros de Cee tiveron que acodir para rescatar o corpo pasadas as 23:00h da noite.
O 112 mobilizara á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría, así como o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puido facer por el.