xoves. 15.01.2026
El tiempo

Atopan nun río de Berdeogas o corpo sen vida dun home

BOmbeiros recurso ambulancia
Foto de arquivo dos Bombeiros de Ceee
Atopan nun río de Berdeogas o corpo sen vida dun home

Esta pasada tarde de xoves, arredor das 19:00h, unha familia denunciaba a desaparición dun home duns 60 anos polos montes de Dumbría.

Horas despois, era atopado o corpo sen vida nun río zona de Chaín, na parroquia de Berdeogás, en Dumbría. Os bombeiros de Cee tiveron que acodir para rescatar o corpo pasadas as 23:00h da noite.

O 112 mobilizara á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría, así como o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puido facer por el.

Comentarios