As Casas da Cultura acollen as citas infantís do Entroido dumbriés

Tampouco en Dumbría, como en Fisterra, se poderá celebrar este ano o tradicional concurso de comparsas dominical. Este ano, Dumbría pon o foco nas Casas Culturais municipais, que serán o lugar no que os máis pequenos da casa celebren o entroido.

Faino o Concello ademais, en clave de conciliación, xa que os días non lectivos (luns e martes de entroido e mércores de Cinsa) as familias poderán participar nas xornadas entroideiras, coa confección de 𝐦𝐚́𝐬𝐜𝐚𝐫𝐚𝐬 e elaborando 𝐝𝐨𝐜𝐞𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 da época de entroido.

Os nenos e nenas que vaian disfrazados recibirán un agasallo e haberá 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐚𝐨𝐬 𝐝𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐨𝐫𝐢𝐱𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 en todas as casas culturais.

 

Máis novas do Entroido