Fisterra recupera o seu “participativo e enxeñoso” Entroido
- Este ano a Concellería de Cultura presenta unha revista feita por xente da vila como gran novidade
Non poderá haber concurso de Comparsas, pero o Entroido volve con máis forza que nunca á vila de Fisterra. A Concellería de Cultura, dirixida por Teresa Fernández, presenta hoxe unha completísima programación para devolver a vida ao “Entroido máis tradicional da Costa da Morte”.
"Despois do parón do ano pasado, un ano atípico por culpa da pandemia, e aínda que fixéramos un guiño ás novas tecnoloxías e as actividades se presentaran dunha maneira diferente, nada que ver co noso entroido na rúa, participativo e enxeñoso”, explica a Concelleira de Cultura, Teresa Fernández Martínez. “Neste 2022 tamén imos ter cambios, debido á situación que vivimos e ante a imposibilidade de facer as cousas como ata agora, pero esperamos que sexa igual de atractivo e dinámico e así ir mellorando para as próximas edicións", apuntou.
Unha revista
E unha das novidades este ano é a elaboración dunha revista sobre a historia do Entroido de Fisterra; documentos, escritos, fotografías, letras... para a cal contamos coa coordinación e traballo de Gabriel Riveiro López, Antonio Fernández Corbal e a técnica de Cultura Silvia Sar. Ademais, tamén estará presente a voz do pobo, gracias á colaboración de moitos veciños e veciñas.
A revista será entregada, de forma gratuíta, a todos os veciños e veciñas que a desexen nun posto preparado durante os días nos que se realizarán as actividades reflexadas no programa do entroido. Tamén podedes conseguir un exemplar na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra durante esas datas.
Programa
O programa comezará o venres 25 de febreiro (11:30h) co Desfile de Entroido do CEIP Areouta de Sardiñeiro.
O sábado 26 haberá (12:00h) un Pasarrúas da charanga “A Tripulasión” acompañados dos míticos Cabezudos. Xa ás 18:00h celebrarase unha Concentración das comparsas na Cruz de Baixar acompañadas dos Rapacollóns´s Big Band e a charanga TNT, e de seguido farán un Desfile pola vila das comparsas compartindo diferentes disfraces da historia do Entroido fisterrán e a súa esencia.
O propio sábado, ao remate do desfile, será o eterno Roberto Traba Velay o que lea o Pregón do Entroido na Praza da Constitución.
As comparsas participantes levarán unha axuda de entre 300 e 500 € para configurar o desfile, e cómpre inscribirse na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ou no correo [email protected] antes do 21 de febreiro.
O domingo 27 tamén haberá lío, co Pasarrúas, a partir das 12:00h da Charanga O Rumbo de Sardiñeiro, e o Concerto infantil (ás 17:00h no porto) de Uxía Lambona e a banda molona.
E como fin de semana, o gran Martes de Entroido, 1 de marzo, quedar sen o gran Concurso de Comparsas (non estamos aínda para as aglomeracións que provoca este evento), pero terá o Concurso de Disfraces de todas as idades, para individual, parellas e grupos.
Compre cormación Inscrición na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ou no correo [email protected] antes do 24 de febreiro ou o mesmo día, no propio porto de 16:30 a 17:00 horas.
Novas do Entroido Fisterrán
- Manuel Suárez: O entruido máis occidental de Europa.
- Entroido Fisterra 2020: Eló non vale un mundo o Entroido de Fisterra?!.
- Entroido Fisterra 2019: O Entroido de Fisterra, entre a tradición, a innovación e a retranca.
- Entroido Fisterra 2018: O Entroido de Fisterra, máis sagrado que a Resurrección.
- Entroido Fisterra 2017: As comparsas agudizan a crítica en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2016: O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2015: A retranca, polas veas de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2014: A copla ten canteira no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2013: A copla sobrevive no Entroido de Fisterra.
- Entroido Fisterra 2012: Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Entroido Fisterra 2011: “Un Entroido que vale un Imperio”.