O CDM Piragüismo Dumbría dá a sorpresa e gaña o Campionato Galego de Promoción de Slalom
Deu a sorpresa a familia do CDM Piragüismo Dumbría e quedou gañador da competición por clubes do Campionato de Galicia de Pomoción de Slalom, que se celebrou esta pasada fin de semana nas augas do río Tea, en Mondariz.
O equipo costeiro, que non conseguira ningún podium por clubes en toda a tempada, impuxose por 15 puntos ó favoríto, o CDM Teixugos de Goian, segundo clasificado, e ó clube anfitrión, o Clube Tea de Mondariz Balneario que foi terceiro. “Contabamos con entrar no podium no Campionato polo muitísimo traballo que se fixo durante o verán, pero non contabamos con gañar, as rapazas e os rapaces estiveron todos espectaculares, sin excepción, facendo todos a súa mellor competición da tempada” expresou orgulloso o entrenador da entidade Quique Portela.
O título se cimentou na espectacular participación dos seus deportistas, sobre todo na categoría femenina, con dous campionatos galegos para a dumbriesa Carmen Llaria, en K1 alevín femenino, e para a mazaricana Yara Lado que se impuxo na categoría Benxamín femenina.
Carmen Llaría foi ademáis subcampeona galega de C1 femenino.
O resto das preseas foron todas de bronce; Vega Cives, terceira no K1 alevín, Elena Ínsua no C1 alevín femenino, Clara Mancebo, terceira tamén no K1 infantil femenino, Juan Manuel Ferrer no K1 benxamín masculino, e Mateo Lado bronce no K1 pre-bexamín masculino.
Con esta proba se pon fin a tempada nas categorías inferiores do piragüismo galego, quedando pendente aínda o Campionato Xunta de Galicia de Slalom Absoluto, que se celebrará en Dumbría en data ainda por confirmar.