O Conco prepárase para o novo Cros de Obstáculos Terras do Vákner

Imaxe do Cross do ano pasado

Só Dumbría é capaz de convertir en moda un deporte coma este. Pero é que os cross de obstáculos xa son unha cita popular e obrigada para media comarca.  O sábado 13 de xuño volve ao Conco este singular evento deportivo, organizado polo Concello de Dumbría en colaboración co equipo local ConcoBox.

I é que cros de obstáculos Terras do Vákner xa se converteu nun clásico para todos os que disfrutan deste tipo de probas, por unir deporte, natureza e diversión a doses iguais. Son moitos os grupos de amigos/as que veñen pasar unha xornada na que non compiten, senón que participan percorrendo xuntos o circuíto, colaborando os uns cos outros e axudándose entre eles para superar os obstáculos.
Cada ano danse cita deportistas da Costa da Morte e tamén doutras zonas de Galicia.

Coma nas edicións anteriores, os participantes deberán elixir unha entre as tres opcións ofertadas:
- Categorías base: 1,5 km. Para a rapazada nacida entre os anos 2010 e 2016
- Percorrido curto: 3,75 km
- Percorrido longo: 7,5 km

As inscricións deben realizarse a través desta ligazón.

En apenas 3 días xa superan os 100 inscrit@s