Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Máxima diversión no Cross de Obstáculos Terras do Vákner

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 0
Completa galería de Fotos de Jorge Castro
Máxima diversión no Cross de Obstáculos Terras do Vákner

Que ben o pasaron este sábado os 280 inscritos no IV Cross de Obstáculos Terras do Vákner de Dumbría. Porque esta proba é precisamente diversión, unha festa do cross, asequible para todo o mundo, e no que a xente disfruta moito.

Se ben hai xente que vén a competir, o máis salientable é a participación de pandillas, familias, clubs… que veñen disfrutar da lama, e dos divertidos obstáculos naturais que prepara o Concello de Dumbría e a familia de Dáfit, que se amosan máis satisfeitos que nunca co desenvolvemento desta 4ª edición.

Porque a proba, xa instaurada como a referencia na Costa da Morte nesta materia, subiu dos 196 participantes do ano pasado aos 280 desta (houbo que pechar inscricións), pero a organización xa está pensando cambiar o formato para superar os 500 participantes de aquí a un par de anos.

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro Nenos

Destacan tamén que a carreira de base cada ano vaise incrementando. Este ano foron 30 os rapaces e rapazas que o pasaron pipa, xa dende a saída co cañón de escuma, pasando por cada adversidade, e despois recibindo a medalla finisher a todas as persoas que remataron a proba.

Mágoa esa chuvia de última hora da tarde que provocou a suspensión dunha pequena festa final, pero a resaca de diversión foi enorme para todo o mundo.

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 11

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 12

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 9

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 3

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 4

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 6

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 8

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 15

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 13

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 14

IV CROSS DE OBSTACULOS Foto-Jorge Castro 2

  • Galería de fotos de Jorge Castro

 

Máis novas

Comentarios