Doble quenda para aprender fotografía en Dumbría con MR

Éxito rotundo de participación no Curso de Fotografía de Marcos Rodríguez no Concello de Dumbría. De feito, o Concello tivo que ampliar a dúas quendas pois había máis de 40 persoas apuntadas.

Onte comezaba a primeira quenda, cuns 20 alumnos, tanto de Dumbría (tiñan preferencia os veciños) como da bisbarra e mesmo chegados de outras partes de Galicia, que ata o domingo terán unha inmersión total no mundo da fotografía. Onte tocaba iniciación, cun exame e todo de coñecementos previos. Hoxe e mañá servirán para que os asistentes se familiaricen con palabros como diafragma, obturación...

E o sábado, a practicar o aprendido neste curso exprés nunha quedada por algún punto de interese da Costa da Morte.

Un luxo poder aprender en 4 días as nocións básicas da fotografía da man dun profesional da zona.

Novas relacionadas