Venres. 29.03.2024
El tiempo

Triple certame de foto, relatos e curtas coa natureza de protagonista

Triple certame de foto, relatos e curtas coa natureza de protagonista

Que a natureza é o noso maior tesouro non cabe díúbida. E que temos grandes especialistas tralo obxectivo, e ca pluma, tampouco. Así que agardamos que sexan moitas as pezas con D.O. Costa da Morte se presenten aos 3 certames que se enmarcan na campaña “Ponte no medio, móvete polo territorio”.

Un triple certame convocado por ADEGA convoca estes concursos intentando "facer participativa á cidadanía na reivindicación dun ordenamento territorial sustentable para frear as ansias especulativas sobre o territorio".

II Concurso “Fotografías polo territorio"

As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: [email protected].

II Concurso “O lugar onde vivo"

Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc.

Concurso de curtas “E ti que é o que ves?"

Poderá paticipar calquera persoa, afeccionada a creación audiovisual que por medio dunha curtametraxe de ficción, documental, animación…desexe denunciar calquera afección negativa ao noso país ou evidenciar a posta en valor dun espazo degradado. Cada participante poderá presentar un máximo de catro curtametraxes. Os traballos de vídeo ou animación crearanse en dixital e presentaranse en formato DVD. As curtas terán un máximo de 5 minutos de duración, incluidos os créditos de principio e final.

  • O prazo límite de presentación das obras dos certames remata o día 1 de outubro de 2012.

Máis información

Novas naturais

Novas reivindicativas

Fonte

Comentarios